Marián Ferreiro Díaz
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de outubro de 1977 (46 anos) Narón |
Alcaldesa de Narón | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | política |
Partido político | Terra Galega |
Lingua | Lingua galega |
Marián Ferreiro Díaz, nada en Narón o 1 de outubro de 1977,[1] é unha política galega de Terra Galega.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Estudou o Bacharelato no Instituto das Telleiras. Foi dependenta de comercio e administrativa do Concello de Narón (2006-2015). Nas eleccións municipais de 2015 presentouse como número 2 na candidatura de Terra Galega que encabezaba Xosé Manuel Blanco e foi elixida concelleira. Foi concelleira de Cultura e primeira tenenta de alcalde. En setembro de 2017, logo da renuncia ao cargo de Xosé Manuel Blanco por idade, foi elixida alcaldesa de Narón o 23 de setembro.[2]
Nas eleccións municipais de 2019 acadou de novo a alcaldía[3] e igualmente nas de 2023.[4]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "MARIAN FERREIRO DIAZ - Portal de la Transparencia". naron.transparencialocal.gob.es. Consultado o 2024-04-13.
- ↑ Loureiro, Ramón (2017-09-23). "Marián Ferreiro, primera alcaldesa de Narón". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2024-04-13.
- ↑ "Narón". www.fegamp.gal. Consultado o 2024-04-13.
- ↑ Redacción (17 de xuño de 2023). "Marián Ferreiro revalida su cargo como alcaldesa de Narón". cope.es (en castelán). Consultado o 13 de abril de 2024.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Predecesor: Xosé Manuel Blanco |
Alcaldesa de Narón 2017 - actualidade |
Sucesor: no cargo |