Marcial Peralba Fontáns
Biografía | |
---|---|
Nacemento | O Porriño, España |
Morte | 25 de novembro de 1965 O Porriño, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | empresario , político |
Lingua | Lingua castelá |
Marcial Peralba Fontáns, nado no Porriño e finado no mesmo concello o 25 de novembro de 1965,[1] foi un empresario e político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Contratista de obras. Concelleiro do Porriño en 1930, foi elixido primeiro tenente de alcalde na corporación presidida por José Carrera Domínguez.[2] Na Segunda República fundou con Manuel Cabaleiro Comesaña a Agrupación Republicana do Porriño.[3] Logo da repetición das eleccións municipais o 31 de maio, que foron anuladas polo gobernador civil nun dos distritos electorais e houbo que repetirlas o 12 de xullo,[4] obtendo finalmente a vitoria a conxunción republicano-socialista que logrou 10 concelleiros fronte aos 6 dos antigos upetistas, foi elixido alcalde do Porriño en agosto de 1931.[5][6] Foi cesado en agosto de 1932 por incompatibilidade.[7] Foi elixido presidente do Casino do Porriño en xaneiro de 1934.[8] Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi nomeado concelleiro do Porriño en 1937 e elixido segundo tenente de alcalde.[9] O 15 de maio de 1939 tomou posesión como alcalde, permanecendo no cargo até novembro dese ano.
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Casou con Carmen Cabaleiro Rodríguez e foi pai de Carmen, María Rogelia e Marcial Peralba Cabaleiro.
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Paz Antón, Xosé Ramón (2007). O Porriño 1936. Vigo: A Nosa Terra. ISBN 978-84-8341-157-5.
Predecesor: Serafín Areal Giráldez |
Alcalde do Porriño 1931 - 1932 |
Sucesor: Silvino González García |
Predecesor: Licer Ramilo Portela |
Alcalde do Porriño 1939 |
Sucesor: Jesús Louzán Giráldez |