Marcial García Cereijo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMarcial García Cereijo
Biografía
Nacemento21 de febreiro de 1873 Editar o valor em Wikidata
Piñeira, España Editar o valor em Wikidata
Morte15 de febreiro de 1935 Editar o valor em Wikidata (61 anos)
San Salvador de Asma, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónsacerdote católico , xornalista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Marcial García Cereijo, nado en Piñeira (Taboada) o 21 de febreiro de 1873 e finado en San Salvador de Asma (Chantada) o 15 de febreiro de 1935, foi un sacerdote e xornalista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou nos Seminarios de Ourense e Lugo e licenciouse en teoloxía en Compostela. Foi ordenado sacerdote en 1897. Exerceu como párroco en San Salvador de Asma. Foi promotor dun Sindicato Agrícola na súa parroquia en 1916[1]. Foi redactor de El Centinela e colaborou en Juventud. Na República foi detido e sancionado en 1932 por censurar desde o púlpito a Lei de Matrimonio Civil[2].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Regional, 23-8-1915, 2.
  2. El Pueblo Gallego, 25-9-1932, p. 9.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]