María del Patrocinio Armesto Alonso
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 14 de xullo de 1906 (117 anos) Alcañices, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | química , profesora de ensino secundario |
María Patrocinio Armesto Alonso, nada en Alcañices (Zamora) en 1906[1] foi unha química vinculada a Galicia e pertencente ao Instituto Nacional de Física y Química (INFQ).[2]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Realizou os estudos de bacharelato en Ourense[1] e proseguiu os estudos superiores na Facultade de Química da Universidade de Santiago de Compostela licenciándose en 1927. Posteriormente trasladouse a Madrid para continuar a súa formación na Facultade de Ciencias da Universidade Central.[1]
Foi colaboradora do Instituto Nacional de Física y Química, situado no edificio Rockefeller, na sección de electroquímica dirixida por Julio Guzmán.[2][3] Tamén aparece como socia da Sociedade Española de Física e Química, publicando 27 traballos nos Anales da SEFQ.[3][4]
Traballou como profesora de ensino medio de Ciencias Naturais do Instituto Cisneros[4] e doutros centros, entre eles o de Pontevedra, Tui e Ourense, atopándose no curso 1942/1943 como encargada de curso neste último.[1][5]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 Cid Galante, Rosa María (2009-03-05). "Historia das nosas mulleres ourensás: María del Patrocinio Armesto Alonso". Historia das nosas mulleres ourensás. Consultado o 2021-01-01.
- ↑ 2,0 2,1 Magallón Portolés, Carmen (1998). Pioneras españolas en las ciencias : las mujeres del Instituto Nacional de Física y Química. Madrid: Consejo Superior de Investigaciones Científicas. ISBN 978-84-00-07773-0. OCLC 41135686.
- ↑ 3,0 3,1 Pintos (2016)
- ↑ 4,0 4,1 Poveda San, María (2014-04-08). "Mujeres y segunda enseñanza en Madrid (1931-1939). El personal docente femenino en los institutos de bachillerato" (en castelán). Madrid: Universidade Complutense de Madrid.
- ↑ Región, La (2017-10-23). "Fidel reconoce la muerte del Che". La Región (en castelán). Consultado o 2021-06-17.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Cid Galante, Rosa María (2004). "As primeiras ourensás ante o reto da educación universitaria (1900-1940) (II)1". Minius: Revista do Departamento de Historia, Arte e Xeografía (12): 73–102. ISSN 1131-5989.
- Pintos, Xoana (2016): "As mulleres nos estudos experimentais na Universidade de Santiago: 1910-1960". Tese de doutoramento. Universidade de Santiago de Compostela.
- Pintos Barral, Xoana (2021). Tiven a chave, a bicicleta e os catro libros. Editorial Galaxia.
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- María del Patrocinio Armesto Alonso en Historia das nosas mulleres Ourensás.