María de Dios Silva
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 7 de xullo de 1889 (134 anos) A Coruña, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | mestra |
María del Pilar Josefa de Dios Silva, nada na Coruña o 7 de xullo de 1889, foi unha mestra galega.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Filla de Agustín de Dios e Pilar Silva. Estudou maxisterio na Escola Normal da Coruña.[1] Foi nomeada instrutora auxiliar do Hospicio municipal da Coruña en 1933. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi destituída.[2] Foi nomeada mestra do Sanatorio de nenos de Oza en 1961.[3] En 1964 presentou unha petición de auxilio por ancianidade á Xunta Provincial de Beneficencia da Coruña.[4]
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Gabriel, Narciso de (2021). Vermellos e laicos. A represión fascista do maxisterio coruñés. Vigo: Galaxia. pp. 308–318. ISBN 978-84-9151-614-9.