María González Albert
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1977 (46/47 anos) A Rúa, España |
Alcaldesa da Rúa | |
17 de xuño de 2023 – | |
Parlamentaria | |
agosto de 2020 (Xuliano) – xuño de 2023 | |
Alcaldesa da Rúa | |
12 de xuño de 2015 – 20 de xuño de 2017 | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela - xornalismo |
Actividade | |
Ocupación | política |
Partido político | Bloque Nacionalista Galego |
Lingua | Lingua castelá e lingua galega |
María González Albert, nada na Rúa en 1977, é unha política galega do BNG.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Natural da Rúa, é licenciada en Ciencias da Información pola Universidade de Santiago de Compostela. Iniciou a súa andaina institucional como concelleira do BNG no Concello de Ourense entre 2003 e 2006.
Foi candidata do BNG na Rúa nas eleccións municipais de 2007 e 2011 aínda que non foi elixida concelleira. En decembro de 2012 entrou como concelleira para substituír a Xaquín Pérez. Nas eleccións municipais de 2015 encabezou a candidatura do BNG á alcaldía da Rúa e foi elixida alcaldesa grazas a un pacto de goberno co PSdeG-PSOE[1]. En virtude deste pacto de goberno cedeulle a alcaldía ó candidato socialista Luís Fernández Gudiña en xuño de 2017. Nas municipais de 2019 encabezou novamente a candidatura do BNG e pasou á oposición, dado que o PPdeG logrou o goberno grazas á abstención dos independentes do RUA.
Nas autonómicas de 2020 foi a número 3 da candidatura do BNG pola provincia de Ourense e foi elixida deputada do Parlamento de Galicia. En xuño de 2023 presenta a súa renuncia como deputada do Parlamento por incompatibilidade de cargos ao recuperala alcaldía da Rúa grazas a un pacto co PSdeG-PSOE e o RUA.
Predecesor: Avelino García Ferradal |
Alcaldesa da Rúa 2015 - 2017 |
Sucesor: Luís Fernández Gudiña |
Predecesor: Alvaro José Fernández López |
Alcaldesa da Rúa 2023 - actualidade |
Sucesor: no cargo |
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: María González Albert |