María Fernanda Ladrón de Guevara
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 30 de maio de 1897 Madrid, España |
Morte | 25 de abril de 1974 (76 anos) Madrid, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | Actriz |
Período de actividade | 1913 - 1974 |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Cónxuxe | Pedro Larrañaga |
Fillos | Amparo Rivelles, Carlos Larrañaga |
María Fernanda Ladrón de Guevara y Trápaga, nada en Madrid o 30 de maio de 1897 e finada en Madrid o 25 de abril de 1974,[1] foi unha actriz española.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Debutou sobre o escenario o 13 de decembro de 1913 coa obra La Malquerida, na compañía de María Guerrero e Fernando Díaz de Mendoza, o seu padriño. Con esta compañía estreou, entre outras obras El retablo de Agrellano (1913), de Eduardo Marquina, Mamá (1913), de Gregorio Martínez Sierra, La fuerza del mal (1914), de Manuel Linares Rivas, Campo de armiño (1916) e La vestal de Occidente (1919), ambas as dúas de Jacinto Benavente e El último pecado (1918), de Pedro Muñoz Seca.
Máis adiante cursou estudos de interpretación na Real Escuela Superior de Arte Dramática, da man de María Tubau.
En 1922 formou a súa propia compañía con Rafael Rivelles, actor co que acaba de contraer matrimonio, e puxo en escena grandes éxitos teatrais na época como Cancela, La madre guapa ou El bandido de la Sierra (1923).
Debutou na gran pantalla en 1930, coa película El embrujo de Sevilla, de Benito Perojo. Pouco despois trasladouse a Hollywood onde rodou a versión en castelán de varias películas norteamericanas.
Tras a finalización da Guerra Civil Española contraeu matrimonio en segundas nupcias con Pedro Larrañaga Ruiz-Gómez (falecido en 1944) e terminou por consolidarse como unha das grandes damas da escena española do século XX, con notables interpretacións especialmente do dramaturgo Jacinto Benavente.[2] A súa compañía disolveuse en 1959.
A súa carreira cinematográfica, con todo, mantívoa sempre nun segundo plano, aínda que poden mencionarse títulos como Rosas de otoño (1943), de Juan de Orduña, Altas variedades (1960), de Francesc Rovira-Beleta, Canción de arrabal (1961), de Enrique Carreras, ou El bosque del lobo (1970), de Pedro Olea.
En televisión protagonizou a serie Mi hijo y yo (1963), xunto a Juan Diego.
A tradición artística de María Fernanda Ladrón de Guevara perpetuouse a través dos seus fillos Amparo Rivelles e Carlos Larrañaga, e dos seus netos Amparo Larrañaga e Luis Merlo.
Filmografía[editar | editar a fonte]
Cine[editar | editar a fonte]
Ano | Título | Papel |
---|---|---|
1916 | Hasta después de muerta | |
1931 | La mujer X | Jaquelina |
1931 | El embrujo de Sevilla | Pastora |
1931 | Cheri-Bibi | Cecilia |
1931 | El proceso de Mary Dugan | Mary Dugan |
1932 | Niebla | |
1933 | El hombre que se reía del amor | |
1935 | Odio | |
1946 | Rosas de otoño | |
1949 | Sabela de Cambados | Sabela |
1959 | Música de ayer | Doña Lola Gasparín |
1959 | Miss Cuplé | Stella Marco |
1960 | La fiel infantería | Doña Julia |
1960 | Alfonso XII y María Cristina: ¿Dónde vas triste de ti? | Isabel II |
1960 | Un ángel tuvo la culpa | |
1960 | Altas variedades | Doña Mercedes |
1960 | Una chica de Chicago | |
1961 | La cumparsita | Señora Cris |
1965 | La mentirosa | |
1966 | La mujer perdida | |
1967 | Encrucijada para una monja | Madre Superiora |
1969 | Me enveneno de azules! | María |
1970 | El bosque del lobo | Gabriela |
Televisión[editar | editar a fonte]
Ano | Título | Papel | Notas |
---|---|---|---|
1963 | Gran teatro | Abadesa | 1 episodio: "Don Juan Tenorio" |
1963 | Mi hijo y yo | ||
1964 | Teatro de familia | 1 episodio: "El Principe que Todo lo Aprendio en los Libros " | |
1968 | El premio | 1 episodio: "La saga de Selma Lagerlöf" | |
1969 | Estudio 1 | 3 episodios: "Soledad I", "La enemiga", "Las brujas de Salem (II)" | |
1971 | Cuentos y leyendas | 1 episodio: "Miau" |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Falecemento de María Fernanda Ladrón de Guevara". La Vanguardia (en castelán). 26 de abril de 1974. Consultado o 21 de agosto de 2018.
- ↑ "Hemeroteca". ABC (en castelán). 23 de novembro de 1994. Consultado o 21 de agosto de 2018.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: María Fernanda Ladrón de Guevara |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- María Fernanda Ladrón de Guevara na IMDb (en inglés).