Manuel Xestoso
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1966 (57/58 anos) Santa Cruz de Tenerife, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | escritor , xornalista |
Lingua | Lingua galega e lingua castelá |
Manuel Xestoso González, nado en Santa Cruz de Tenerife en 1966 é un escritor, tradutor e crítico galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Traballou en editoriais galegas e españolas, foi xornalista cultural en A Nosa Terra e colaborou en Grial, Faro de Vigo, Sermos Galiza e na Revista Galega de Teatro, da que é subdirector.[1] Tamén é redactor de Nós Diario no que realiza numerosas entrevistas.
Obra en galego[editar | editar a fonte]
Ensaio[editar | editar a fonte]
- Antón Reixa ghicho distinto (2012). Con Xosé Cid Cabido. Vigo: Xerais. 312 páxs. ISBN 978-84-9914-399-6.[2]
Poesía[editar | editar a fonte]
- As ruínas de Europa (2017). Vigo: Galaxia. 88 páxs. ISBN 978-84-9151-060-4.[3]
Traducións[editar | editar a fonte]
- A desaparición de Esme Lennox de Maggie O'Farrell (2011). Vigo: Galaxia. 244 páxs. ISBN 978-84-9865-402-8.[4]
Obra en castelán[editar | editar a fonte]
- Teoría del ruido (1995). Galeria Tripas Corazo. Unha plaquette ilustrada por Viola Siruthairath, inicialmente escrita en galego e que o propio autor traduciu.[5]
Premios[editar | editar a fonte]
- 2021: Grande Prémio de Jornalismo Internacional Carlos Porto, no marco do Festival de Almada, en Portugal, pola crónica “O público é quen máis ordena”, publicada en Nós Diario.[6][7][8]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Manuel Xestoso". editorialgalaxia.gal.
- ↑ "Ficha do libro Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2021-07-27.
- ↑ "As ruínas de Europa". Editorial Galaxia. Consultado o 2021-07-27.
- ↑ "A desaparición de Esme Lennox Galaxia LG3 O soportal da Literatura Galega". culturagalega.org (en castelán). Consultado o 2021-07-27.
- ↑ "MANUEL XESTOSO – A Europa face à Europa" (en portugués). Consultado o 2021-07-27.
- ↑ Diario, Nós. "Manuel Xestoso é galardoado co Grande Prémio de Jornalismo Internacional Carlos Porto". Nós Diario. Consultado o 2021-07-27.
- ↑ Galega, Consello da Cultura. "Manuel Xestoso". CONSELLO DA CULTURA GALEGA (en inglés). Consultado o 2021-07-27.
- ↑ "autor/a A Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2021-07-27.