Manuel Pedreira Rumbo
Biografía | |
---|---|
Nacemento | Culleredo |
Morte | Buenos Aires |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | xornalista , político |
Lingua | Lingua galega |
Familia | |
Pai | Manuel Pedreira Pazos |
Irmáns | Demófilo Pedreira Rumbo |
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Manuel Pedreira.
Manuel G. Pedreira Rumbo, nado en Culleredo e finado en Buenos Aires, foi un xornalista e político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fillo de Manuel Pedreira Pazos. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 logrou fuxir. Foi declarado prófugo o 25 de febreiro de 1937 ao non se presentar cando foi movilizado para o Exército. Exiliouse na República Dominicana, a onde chegou o 23 de febreiro de 1940.[1] En 1941 marchou á Arxentina. Integrouse na Irmandade Galega. Colaborou en A Fouce e foi director de A Nosa Terra. En 1982 fundou o periódico Pátria Galega.
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Pereira Martínez, Carlos (2005). "A represión franquista en Culleredo. Unha aproximación inicial" (PDF). A represión franquista en Galicia. Actas dos traballos presentados ao Congreso da Memoria. Narón, 4 a 7 de decembro de 2003. Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática. pp. 485–486. Consultado o 31 de outubro de 2014.