Manuel García Paz
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 26 de maio de 1895 Santiago de Compostela, España |
Morte | 1990 (94/95 anos) Pozoblanco, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | latinista , profesor de ensino secundario |
Lingua | Lingua galega, lingua castelá e lingua latina |
Manuel García Paz, nado en Santiago de Compostela o 26 de maio de 1895 e finado en Pozoblanco (Provincia de Córdoba) en 1990, foi un escritor e latinista e catedrático de instituto galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Aínda novo marchou a Vigo onde traballou de aprendiz primeiro en Faro de Vigo e despois na imprenta La Nueva Prensa de Enrique Heraclio Botana. Iniciou a carreira eclesiástica, que abandonou para estudar Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela e en Madrid. Foi profesor de ensino medio en institutos galegos, casteláns e andaluces. Colaborou en Nova Galiza cun artigo sobre Jacinto Santiago.
Dominaba varias linguas (sánscrito, grego, latín, árabe, alemán, inglés, romanés, italiano, francés...).
Obra[editar | editar a fonte]
Na revista Nós publicou en 1931 a novela O abade Mouriño, cadro rural con intención humorística.[1]
En 1935 publicou a súa obra máis destacada, IV Melodía. Desfíe de ambente galego,[2] novela prologada por Jacinto Santiago e destinada a formar parte dunha tetraloxía, permanecendo, porén, os tres volumes restantes inéditos.[3]
IV melodía é un libro estruturado en tres apartados: "¡A roda, roda! (parvadas)", "A vianesada ou a creación xeórxica (acción épico-folklórica)" e "Casamento de aldeia (cine sonoro)".[4]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Vilavedra, 1995.
- ↑ IV Melodía en Galiciana, Biblioteca de Galicia.
- ↑ Seixas, 1991.
- ↑ Gran Enciclopedia Galega.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- "García Paz, Manuel". Dicionario biográfico de Galicia 2. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 147.
- "García Paz, Manuel". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Carballo Calero, R. (1975) [1963]. Historia da literatura galega contemporánea. Galaxia. pp. 723–724. ISBN 84-7154-227-7.
- Couceiro Freijomil, Antonio (1951-53). Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) II. Bibliófilos Gallegos. p. 143.
- Fernández del Riego, F. (1971) [1951]. Historia da literatura galega (2ª ed.). Vigo: Editorial Galaxia. p. 246.
- ——— (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. p. 175-176. ISBN 84-7492-465-0.
- Ramón Fernández-Oxea, Xosé (1977). "Xubilación de García Paz". Galicia no corazón. Ediciós do Castro. Arquivado dende o orixinal o 20 de abril de 2019. Consultado o 20 de abril de 2019.
- Seixas Seoane, Miguel Anxo (1991). "Manuel García Paz ou a fidelidade á lingua". A Trave de Ouro (5). ISSN 1130-2674.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1995). Diccionario da literatura galega. Autores I. Vigo: Editorial Galaxia. p. 252-253. ISBN 84-8288-019-5.
A Galicitas posúe citas sobre: Manuel García Paz |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Requeixo, Armando (26/5/2016). "Ars dedicandi: Manuel García Paz"