Manuel Gómez Suárez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1888 Noia, España |
Morte | 8 de xaneiro de 1937 (48/49 anos) Ferrol, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político |
Lingua | Lingua galega |
Manuel Gómez Suárez, coñecido como El Electricista ou Do Cura, nado en Noia cara a 1888 e finado en Ferrol o 8 de xaneiro de 1937, foi un político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Veciño de Fene. Electricista do Arsenal de Ferrol. Era presidente do Grupo Galeguista de Ferrol. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e xulgado en Ferrol. Condenado á pena de morte, foi executado no castelo de San Filipe o 8 de xaneiro de 1937 con 51 anos. Por responsabilidades civís fóronlle reclamadas á familia 16.000 ptas.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Manuel Gómez Suárez na páxina web Nomes e Voces.