Manuel Fernández Boado
Biografía | |
---|---|
Nacemento | A Fonsagrada, España |
Morte | 4 de setembro de 1959 Vitoria |
Causa da morte | accidente de tráfico |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | rexistrador da propiedade |
Partido político | Izquierda Republicana |
Lingua | Lingua castelá |
Manuel Fernández Boado, nado na Fonsagrada e finado en Vitoria o 4 de setembro de 1959,[1] foi un avogado e político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Licenciado en Dereito. Aprobou as oposicións a rexistrador da propiedade en 1920 e foi nomeado rexistrador da Fonsagrada. En 1923 foi nomeado rexistrador de Ribadeo.[2] Na ditadura de Primo de Rivera foi directivo do Ateneo Biblioteca Popular, e nel pronunciou unha conferencia sobre política feminista en outubro de 1924 pola que foi detido, denunciado e procesado. Na II República foi organizador do Comité de Izquierda Republicana de Ribadeo. Foi elixido compromisario para a elección do presidente da República en 1936. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 1 de agosto. Acusado de auxilio á rebelión foi xulgado en consello de guerra en Lugo o 22 de febreiro de 1938,[3] foi condenado a 12 anos de prisión. Foi separado do servizo como rexistrador da propiedade en 1938. Rehabilitado, no franquismo foi rexistrador da propiedade de Priego de Córdoba e dende 1957 de Sagunt. Finou nun accidente de tráfico na estrada de Vitoria a Irún en setembro de 1959.
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Casou con María García-Villamil Noriega en 1931.[4]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ La Voz de Galicia, 5-9-1959, p. 4.
- ↑ El Compostelano, 14-12-1923, p. 2.
- ↑ El Progreso, 23-2-1938, p. 4.
- ↑ Las Riberas del Eo, 25-4-1931, p. 2.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Souto Blanco, María Jesús (1998). La represión franquista en la provincia de Lugo (1938-1940). Sada: Do Castro. ISBN 84-7492-891-5.