Magín Froiz
(2017) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 14 de decembro de 1943 Barbastro, España |
Morte | 10 de marzo de 2022 (78 anos) Pontevedra, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | empresario |
Lingua | Lingua castelá |
Premios |
Magín Alfredo Froiz Planes, nado en Barbastro (Huesca) o 14 de decembro de 1943 e finado en Pontevedra o 10 de marzo de 2022[1], foi un empresario galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Naceu en Barbastro fillo de pai galego, orixinario do Corpiño (Lalín), que marchou á fronte do Ebro durante a guerra civil española, e casou cunha veciña de Barbastro. A familia regresou a Galiza cando el tiña dous anos. Instalados en Pontevedra, os seus pais rexentaron un posto de carnizaría na praza de abastos. Fixo o bacharelato nun instituto de Pontevedra e traballou nunha empresa construtora. Despois empezou a súa profesión na carnizaría dun pequeno supermercado.
Casou á idade de 23 anos e ao ano seguinte xa era dono do supermercado onde comezara a traballar, facéndose cargo de 12 traballadores.[2]
Empresa[editar | editar a fonte]
Seguiu a tradición familiar do comercio alimenticio, pasando da praza de abastos de Pontevedra a ser o xerente do grupo de alimentación Distribuciones Froiz, fundado en 1968.[2] Ao morrer, a empresa estaba entre as 20 primeiras do sector da distribución alimenticia, con presenza en España e Portugal e con máis de 300 puntos de venda e 5000 traballadores.[3]
Recoñecementos[editar | editar a fonte]
Recibiu a Medalla de Ouro ao Mérito no Traballo en 2017.[4]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Anxo Lourido e Alejandro Espiño (10 de marzo de 2022). "Falece Magín Froiz aos 78 anos". Pontevedra Viva.
- ↑ 2,0 2,1 Redacción (10 de marzo de 2022). "Muere el empresario pontevedrés Magín Froiz a los 78 años". atlantico.net (en castelán). Consultado o 12 de marzo de 2022.
- ↑ Davila, Nicolás (10 de marzo de 2022). "Muere el empresario pontevedrés Magín Froiz a los 78 años". farodevigo.es (en castelán). Consultado o 12 de marzo de 2022.
- ↑ Redacción (10 de marzo de 2022). "Fallece el empresario Magín Froiz, fundador de la cadena de supermercado Froiz". europapress.es (en castelán). Consultado o 12 de marzo de 2022.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Magín Froiz |
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Jabois, M. (29 de maio de 2008). "¡Yo no sabía hacer un filete!". Diario de Pontevedra (en castelán).