Máximo Nóvoa Barreiros
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | Ourense, España |
Morte | 25 de novembro de 1948 Coles, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | membro da resistencia |
Máximo Nóvoa Barreiros, nado en Ourense e finado en Coles o 25 de novembro de 1948, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fillo de Juan Nóvoa. Despois da reorganización da II Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia feita por Samuel Mayo Méndez cara a 1946, Máximo foi designado con Gumersindo Fernández Incógnito ao mando dun destacamento que operaba ao nordeste de Ourense. Estaban en contacto con Raúl Castro Cao que estaba organizando centros guerrilleiros na zona. Foi asasinado o 25 de novembro de 1948 nunha cova preto de Coles.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Heine, Hartmut (1982). A guerrilla antifranquista en Galicia. Vigo: Xerais. ISBN 84-7507-011-6.
- Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. ISBN 84-8485-231-8.