Luis Rosón Pérez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1918 Becerreá, España |
Morte | 28 de setembro de 1995 (76/77 anos) Becerreá, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | militar , político |
Carreira militar | |
Conflito | Guerra civil española e Fronte Oriental (segunda guerra mundial) |
Familia | |
Pai | Eulogio Rosón López |
Irmáns | Antonio Rosón, Senén Eulogio Rosón Pérez, Eduardo Rosón Pérez e Juan José Rosón |
Luis Rosón Pérez, nado en Becerreá cara a 1918 e finado na mesma vila o 28 de setembro de 1995, foi un militar e político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fillo de Eulogio Rosón López. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi delegado local de prensa e propaganda de Falange en Becerreá.[1] Militar, foi nomeado gobernador civil e xefe provincial do Movimiento de Tenerife en febreiro de 1950. Foi xeneral de división e en 1980 foi nomeado interventor xeral do Exército. O 21 de novembro de 1984 foi vítima dun atentado de ETA na rúa Galileo de Madrid. Finou en Becerreá o 28 de setembro de 1995.[2]
Recoñecementos[editar | editar a fonte]
- Gran Cruz do Mérito Militar.
- Gran Cruz de San Hermenexildo.
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Casou con Clementina Bussmann Lackamp.[3]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ El Pueblo Gallego, 20-12-1936, p. 7.
- ↑ Necrolóxica en ABC, 28-9-1997, p. 112.
- ↑ Clementina Bussmann Lackamp
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- León Álvarez, Aarón (2008). "Discurso y acción política del gobernador civil Luis Rosón Pérez a través de la prensa tinerfeña (1950-1951)". II Congreso Historia del periodismo canario.