Lucha Social
Lucha Social | |
---|---|
Remata | 1921 |
Lingua | lingua castelá |
Localidade | Santiago de Compostela |
[ editar datos en Wikidata ] |
Lucha Social foi un semanario editado en Santiago de Compostela entre 1919 e 1921.
Historia e características[editar | editar a fonte]
Periódico de tendencia obreirista, apareceu o 15 de marzo de 1919. Comezou como voceiro da Federación de Sociedades Obreras y Agrícolas de Santiago, promovido por José Pasín Romero, Ezequiel Rey Turnes, Manuel Fandiño Ricart e José Silva Martínez, entre outros. Estivo dirixido por Marcelino Puente González (marzo a xullo de 1919), José Silva Martínez (do 26 de xullo de 1919 a agosto de 1920), Ezequiel Rey Turnes (do 20 de agosto de 1920 a abril de 1921), Jesús Posse (do 9 de abril de 1921 ata xullo) e Valentín Canedo (do 8 de xullo de 1921 ata a súa desaparición). Foi suspendido pola folga xeral de abril a xuño de 1919. Posteriormente, logo da desafección dos agrarios, mudou a súa cabeceira e a partir do número 13 converteuse no Órgano de las Sociedades Obreras de Resistencia de Santiago y su contornos. Cesou no segundo trimestre de 1921 trala súa suspensión pola censura gobernativa.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Fernández, Eliseo; Pereira, Dionisio (2004). O anarquismo na Galiza. Santiago de Compostela: Positivas. p. 164. ISBN 84-87783-79-1.
- "Lucha Social, La". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Pereira, Dionisio (2012). José Pasín Romero: Memoria do proletariado militante de Compostela. Santiago de Compostela: Fundación 10 de Marzo. pp. 209–220. ISBN 978-84-939921-0-1.
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- O semanario Lucha Social Arquivado 14 de marzo de 2016 en Wayback Machine.