Saltar ao contido

Luís Rubido Diéguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaLuís Rubido Diéguez
Biografía
Nacemento1894 Editar o valor em Wikidata
Morte27 de setembro de 1991 Editar o valor em Wikidata (96/97 anos)
A Ramallosa, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxuíz , xornalista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Luís Rubido Diéguez, nado cara a 1894 e finado en San Pedro da Ramallosa (Nigrán) o 27 de setembro de 1991, foi un avogado, xuíz e xornalista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciouse en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela en 1916.[1]. Dirixiu La Voz del Miñor. Foi xuíz da Cañiza, Bande e Ferrol, de onde foi nomeado delegado de Orde Pública en xullo de 1937. En 1939 foi xuíz en Vigo e posteriormente foi maxistrado da Audiencia Territorial de Madrid (1955-1968). Finou en San Pedro da Ramallosa o 27 de setembro de 1991 con 97 anos.[2]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou en Madrid con Fuensanta Velasco Graña en 1923,[3] e foi pai de Luis, Fuensanta, Carmen, Manuel, Rosario, María Luisa e Enrique Rubido Velasco.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Diario de Galicia, 17-6-1916, p. 3.
  2. La Voz de Galicia, 28-9-1991, p. 61.
  3. Galicia. Diario de Vigo, 8-2-1923, p. 2.