Lockheed Martin F-35 Lightning II

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lockheed Martin F-35 Lightning II
Tipoavión furtivo de combate polivalente
FabricanteLockheed Martin
Primeiro voo15 de decembro do 2006
IntroducidoF-35B: 31 de xullo de 2015
F-35A: 2 de agosto de 2016
F-35C: 28 de febreiro de 2019
Estadoen produción
Principais usuariosUSAF
Corpo de Marines
Armada dos Estados Unidos
Produción2006 - presente
Unidades construídasmáis de 1 000

O Lockheed Martin F-35 Lightning II é unha familia de cazas polivalentes furtivos de quinta xeración, equipados cun único asento e motor, desenvolvidos tanto para tarefas de superioridade aérea como ataque a terra. Tamén é capaz de realizar tarefas de guerra electrónica e ten capacidades de intelixencia, vixilancia e recoñecemento. Lockheed Martin é o contratista principal do F-35 e os seus principais socios son Northrop Grumman e BAE Systems. O F-35 ten tres modelos principais; o F-35A é unha variante de engalaxe e aterraxe convencional, o F-35B pode realizar engalaxes curtas e aterraxes en vertical, e o F-35C pode operar en portaavións.

O F-35 descende do Lockheed Martin X-35, que en 2001 venceu ao Boeing X-32 para gañar a competición do programa Joint Strike Fighter (JSF). O desenvolvemento do JSF foi financiado principalmente polos Estados Unidos, co financiamento adicional de membros da OTAN e paises aliados como Reino Unido, Australia, Canadá, Italia, Noruega, Dinamarca, Países Baixos, e anteriormente Turquía.[1][2][3] Outros países tamén encargaron, ou están considerando encargar, a aeronave. O programa recibiu críticas polo seu tamaño, complexidade, custos elevados e entregas atrasadas sen precedentes.[4] A estratexia de adquisición de produción simultánea da aeronave mentres aínda estaba en desenvolvemento e probas levou a cambios e modificacións de deseño caros.[5][6]

O F-35 realizou o seu primeiro voo o 15 de decembro do 2006 e entrou en servizo co F-35B do Corpo de Marines dos Estados Unidos en xullo de 2015, seguido do F-35A da Forza Aérea en agosto de 2016 e do F-35C da Armada en febreiro de 2019.[7][8][9] A avión foi usado por primeira vez en combate no ano 2018 pola Forza Aérea de Israel.[10] Estados Unidos planea comprar 2 456 F-35 ata 2044, o que representará a maior parte da aviación táctica tripulada da Forza Aérea, da Armada e do Corpo de marines estadounidenses durante varias décadas; está previsto que o avión sexa unha pedra angular do poder aéreo da OTAN e os aliados dos Estados Unidos e que opere ata 2080.[11][12]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Lockheed Martin · Global Partnerships". web.archive.org. 2012-09-02. Consultado o 2024-05-06. 
  2. Richard_Dudley (2012-03-05). "Program Partners Confirm Support for F-35 Joint Strike Fighter - Defense Update:" (en inglés). Consultado o 2024-05-06. 
  3. Pawlyk, Oriana (2020-12-28). "Key US Ally Declares Its F-35s Ready for Combat". Military.com (en inglés). Consultado o 2024-05-06. 
  4. Boehm, Eric (2022-04-26). "The $1.7 Trillion F-35 Fighter Jet Program Is About To Get More Expensive". Reason.com (en inglés). Consultado o 2024-05-06. 
  5. "Flawed F-35 Too Big to Kill as Lockheed Hooks 45 States". www.bloomberg.com. Consultado o 2024-05-06. 
  6. "Will the F-35, the U.S. Military’s Flaw-Filled, Years-Overdue Joint Strike Fighter, Ever Actually Fly?". Vanity Fair (en inglés). 2013-09-16. Consultado o 2024-05-06. 
  7. Drew, James. "First operational F-35 squadron declared ready for combat". Flight Global (en inglés). Consultado o 2024-05-06. 
  8. Insinna, Valerie (2016-08-02). "Air Force Declares F-35A Ready for Combat". Defense News (en inglés). Consultado o 2024-05-06. 
  9. Eckstein, Megan (2019-02-28). "Navy Declares Initial Operational Capability for F-35C Joint Strike Fighter". USNI News (en inglés). Consultado o 2024-05-06. 
  10. "IAF commander: Israel first to use F-35 jet in combat". The Jerusalem Post (en inglés). 2018-05-22. Consultado o 2024-05-06. 
  11. "US European Command/NATO May Have 450 F-35s by 2030". Avionics International (en inglés). 2021-06-14. Consultado o 2024-05-06. 
  12. Drew, James. "Lockheed F-35 service life extended to 2070". Flight Global (en inglés). Consultado o 2024-05-06.