Lino Gerpe
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1866 Santiago de Compostela, España |
Morte | 13 de agosto de 1924 (57/58 anos) Pontevedra, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | xornalista |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Irmáns | Servando Gerpe |
Lino Gerpe Calvo, nado en Santiago de Compostela en 1866 e finado en Pontevedra o 13 de agosto de 1924[1], foi un xornalista galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fillo de Andrés Gerpe Ferro e María Prudencio Calvo. Foi pintor decorador en Madrid e trasladouse a Lugo en 1896. Propagandista do republicanismo, foi redactor de La Colonia Española de Porto (1899), dirixiu o semanario satírico Don Remigio en Santiago de Compostela (1910) e Renovación, foi redactor de Gaceta de Galicia, Noticiero de Vigo, Vida Gallega e El Pueblo e colaborou en El Eco de Marín, La Libertad e La Provincia. Asinaba algúns artigos co pseudónimo Remigio Pérez.
Casou con Elvira Vázquez de Cabieles en 1912.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Necrolóxica en La Libertad, 14-8-1924, p. 2-3.