Lingua shuswap
Shuswap Secwepemctsín | ||
---|---|---|
Pronuncia: | ʃəxwəpməxˈtʃin | |
Falado en: | Canadá | |
Rexións: | Columbia Británica | |
Total de falantes: | 200 (2014, FPCC) 1.190 semifalantes | |
Familia: | Americana Salish Salish do interior Shuswap | |
Escrita: | latino | |
Regulado por: | Sociedade de Educación Cultural Secwepemc | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | --- | |
ISO 639-3: | shs
| |
Mapa | ||
Mapa da familia de linguas salish. O okanagan atópase na no norte en ton verde. | ||
Status | ||
A lingua shuswap (/ˈʃuːʃwɑːp/; en shuswap: secwepemctsín [ʃəxʷəpəməxˈtʃin]) é unha lingua da familia salish do interior, falada tradicionalmente polo pobo shuswap (secwépemc [ʃəˈxʷɛpəməx]) da Columbia Británica. O shuswap, unha lingua en perigo de extinción, fálase principalmente no sur e centro da Columbia Británica entre o río Fraser e as Montañas Rochosas. Segundo o Consello Cultural dos Primeiros Pobos, 200 persoas falan o shuswap como lingua materna, e hai outros 1.190 semifalantes.
O shuswap é a máis setentrional das linguas salish do interior que se falan no Canadá e no noroeste do Pacífico dos Estados Unidos. Hai dous dialectos do shuswap:
- Oriental: Kinbasket (Kenpesq’t) e Shuswap Lake (Qw7ewt/Quaaout)
- Occidental: Canim Lake (Tsq’escen), Chu Chua (Simpcw), Deadman's Creek (Skitsestn/Skeetchestn)–Kamloops (Tk'emlups), Fraser River (Splatsin, Esk’et) e Pavilion (Tsk’weylecw)–Bonaparte (St’uxtews)
As outras linguas salish do interior setentrionais son o lillooet e o thompson.[2]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022.
- ↑ Kuipers, Aert H. (1974). The Shuswap Language. The Hague: Mouton.