Lilongwe
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2008.) |
Nomeado en referencia a | Lilongwe River (en) | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
| ||||
Estado | Malaui | |||
Rexión | Rexión Central | |||
Distritos (pt) | Distrito de Lilongwe | |||
Capital de | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 989.318 (2018) (1.359,35 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 727,79 km² | |||
Bañado por | Lilongwe River (en) | |||
Altitude | 1.050 m | |||
Creación | 1902 | |||
Identificador descritivo | ||||
Fuso horario | ||||
Outro | ||||
Irmandado con | Taipei (1984–) | |||
Páxina web | llcitycouncil.org |
Lilongwe é a capital de Malaui. Está situada no centro-occidente do país e na parte oeste do río Malawi, preto da fronteira entre Malawi, Mozambique e Zambia. As súas coordenadas xeográficas son 13º59' S e 33º47' E. A súa poboación era de arredor de 440.500 habitantes en 2003.
A antiga capital, Blantyre, é hoxe en día aínda a cidade máis populosa de Malaui, así como a capital económica.
Historia[editar | editar a fonte]
Lilongwe era unha pequena aldea nas beiras do río homónimo que pasou a ser un centro administrativo colonial británico a comezos do século XX. Debido á súa excelente situación sobre unha encrucillada de camiños (a estrada norte-sur e a que comunicaba con Rodesia do Norte, hoxe Zambia), Lilongwe converteuse na segunda cidade maior de Malawi. En 1974 trasladouse para ela a capitalidade do estado desde Zomba (actualmente a cuarta cidade do país). Desde entón, se ben Lilongwe medrou moito, a maior parte das actividades comerciais e económicas de Malawi son efectuadas en Blantyre, a cidade principal do país.
Xeografía[editar | editar a fonte]
Sita na zona centro-oeste de Malawi, Lilongwe fica a 1.200 m de altura s.n.m., nun planalto.
Clima[editar | editar a fonte]
Durante a estación das choivas, entre outubro e abril, Lilongwe é húmida e cálida. No resto do ano, seca e poeirenta. Xuño e xullo son meses particularmente fríos e ventosos.
Nivel de vida[editar | editar a fonte]
En comparación con outras capitais africanas, Lilongwe é unha cidade politicamente estábel, segura e tranquila. Mais a pesar de ter uns estándares equiparábeis aos de calquera cidade occidental, a maioría da poboación, proveniente do campo, ingresa rendas moi baixas e moitas persoas están desempregadas. A diferenciación social entre a maior parte dos cidadáns e a minoría formada polos funcionarios do goberno e os residentes estranxeiros é evidente. Con todo, os delitos nas rúas adoitan ser inusitados, pese a que non é raro ver xente pedindo esmola.
Saúde pública[editar | editar a fonte]
Lilongwe é un dos focos principais da epidemia de sida en Malawi. De feito, un 20% da poboación urbana é seropositiva. A rexión central tamén padece un grave problema de deforestación, que fai que os campesiños abandonen as súas terras e acudan en masa para a cidade, que crece moi rapidamente.
Urbanismo[editar | editar a fonte]
O centro urbano é moderno. Nel teñen a súa os grandes bancos, as legacións diplomáticas, os hoteis principais, as compañías aéreas e as empresas estranxeiras. Preto levántase a cidade vella, un barrio comercial moi animado, onde se sitúa o mercado, as mesquitas e máis a estación de autobuses. Na beira esquerda do río é onde se localizan os barrios residenciais de maior nivel.
Comunicacións[editar | editar a fonte]
O Aeroporto Internacional de Kamuzu está sito a 35 km ao norte da cidade.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lilongwe |