Liga española de fútbol indoor
O Campionato Nacional de Liga de Fútbol Indoor foi unha competición de fútbol indoor disputada por varios clubs da liga española de fútbol entre 2008 e 2014. Estaba organizada pola Asociación de Fútbol Indoor. Os xogadores desta liga eran veteranos, ex-profesionais da liga española de fútbol 11. Ademais do trofeo de gañador, a clasificación nesta competición daba dereito a participar na Copa de España.
O torneo estaba organizado polas distintas asociacións de veteranos dos equipos participantes, sendo destinados os ingresos dos partidos a axudar aos futbolistas retirados. Alfredo Di Stéfano presidiu de forma honorífica o campionato.
Equipos[editar | editar a fonte]
A liga de fútbol indoor comezou a disputarse na tempada 2007-08, quedando formada polos 9 clubs que gañaron nalgunha ocasión a liga española de fútbol: FC Barcelona, Real Madrid, Atlético de Madrid, Athletic de Bilbao, Valencia CF, Real Sociedad, Deportivo da Coruña, Sevilla FC e Real Betis. Posteriormente uníronse o Celta de Vigo, RCD Espanyol, Sporting de Xixón, CD Málaga e FC Porto.
Palmarés[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Sitio web oficial (en castelán).