Saltar ao contido

La madre Naturaleza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

La madre Naturaleza
2ª parte de Los pazos de Ulloa
Autor/aEmilia Pardo Bazán
OrixeEspaña
Lingualingua castelá
ColecciónNovelistas españoles contemporáneos
Xénero(s)Novela
Data de pub.1887
Formato2 volumes
Páxinas317 (v.I) + 268 (v.II )
EditorDaniel Cortezo y C.ª Editores
editar datos en Wikidata ]

La madre Naturaleza é unha novela de Emilia Pardo Bazán publicada en 1887. No seu momento, foi considerada un dos exemplos máis ortodoxos do naturalismo en España, malia as súas diferenzas coa concepción literaria de Émile Zola. O libro continúa a historia das personaxes d'Os pazos de Ulloa (1886).

Tomo I.

Sinopse[editar | editar a fonte]

A diferenza da súa predecesora, La madre Naturaleza emprega unha prosa máis poética e descritiva, e nas súas páxinas recréanse os ambientes rurais de Galicia. Desenvólvense os personaxes de Perucho e Manolita, e introdúcese un novo: Gabriel. A tese central da novela é a preeminencia da cultura, concretamente a relixión, sobre o imperio da natureza desordenada e sen control. A confrontación entre natureza e cultura exprésase mediante o incesto, un proceso natural condenado pola sociedade.

Tomo II.

Personaxes[editar | editar a fonte]

  • Julián. O párroco. Serve de ligazón entre a novela anterior e a secuela, e xoga un papel central no desenlace desta última. Julián expresa o naturalismo cristián de Pardo Bazán, xa que é o encargado de invocar a cultura e a relixión como forzas opostas á descontrolada natureza. Esta tese da superioridade do espírito, exposta explicitamente polo párroco ao remate da obra, vaise esbozando ao longo da mesma.[1]
  • Gabriel Pardo. Irmán da finada Nucha e tío de Manuela, de quen namora. Pode ser considerado o auténtico protagonista da novela,[2] dado que é coa súa chegada aos Pazos, no capítulo quinto, cando realmente comeza a acción. Tamén pode atoparse un paralelismo entre a relación de Gabriel e Nucha (suxerida, pero entendida como non propia de irmáns) e a de Perucho e Manuela.[1]
  • Manuela e Perucho. Son medio irmáns, aínda que o descoñecen. El é o fillo do marqués coa súa criada, Sabela; ela, coa súa esposa lexítima, Nucha. Ambos ignoran as normas culturais, relixiosas e sociais, pois só aprenderon as da nai natureza. Xa que logo, viven en plenitude co que esta lles dá. Deste xeito, acaban por cometer incesto. Ao descubrir o seu parentesco, Perucho abandona a Manuela que, incapaz de vivir sen o seu amado, se reclúe nun mosteiro a instancias de Julián.

Estilo e temática[editar | editar a fonte]

Como o seu título indica, a novela reflicte o amor de Pardo Bazán pola paisaxe galega, que describe cun fondo coñecemento da botánica e os costumes rurais.[3] Malia coincidir co período de maior influencia naturalista da escritora, amosa aspectos orixinais no modo en que contempla e interpreta a natureza na súa relación co humano.[4]

Pardo Bazán retoma algúns dos temas d'Os pazos de Ulloa, como a superioridade moral das clases altas.[5] Por exemplo, o personaxe de Gabriel increpa a Perucho por pretender a Manolita, que pertence a unha clase superior á súa:

E, sendo os pais de vostede un mordomo e unha criada, como se atreveu a poñer os seus ollos na miña sobriña? Como se atreveu vostede a levantarse até onde vostede non pode nin debe subir?

Recepción[editar | editar a fonte]

La madre Naturaleza, publicada en 1887, non logrou o mesmo éxito que, un ano antes, acadara Os pazos de Ulloa. En especial, o tema do incesto afastou á crítica da novela, que foi recibida con silencio.[6] Non obstante, a obra chegaría a ser aclamada como unha das máis importantes da escritora, pola riqueza e complexidade da súa prosa.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]