La Colonia Gallega
La Colonia Gallega foi un periódico editado en Buenos Aires en 1914.
Historia e características[editar | editar a fonte]
Subtitulado Periódico de la tarde. Órgano de la Colectividad y Sociedades de su nombre en la República Argentina, apareceu o 23 de maio de 1914. Fundado e dirixido por Fortunato Cruces, entre os seus colaboradores figuraron Basilio Álvarez, P. Ruiz, Adolfo León Gómez, J. J. Lloret, Antonio Fernández Tafall, Manoel o Coxo e Chucho de Canedo. Publicación de información xeral, incluíu noticias de Galicia e da colectividade e das Sociedades de emigrantes.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Peña Saavedra, Vicente (dir.) (1998). Repertorio da prensa galega da emigración. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega. p. 130. ISBN 84-87172-30-X.