La Campana (Santiago de Compostela)
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: La Campana.
La Campana | |
---|---|
Localidade | Santiago de Compostela |
[ editar datos en Wikidata ] |
La Campana foi un semanario que se publicou en Santiago de Compostela en 1923.
Historia e características[editar | editar a fonte]
Subtitulado Semanario popular, apareceu o 5 de maio de 1923. Órgano do Partido Republicano de Santiago de Compostela, foi unha publicación de pequeno formato que saía todos os sábados e constaba de oito páxinas. Entre os seus colaboradores estaban Manuel María González López e Xesús San Luís Romero. Recollía noticias locais e criticaba o labor do Concello. Dedicoulle pouco espazo á literatura. Aínda se publicaba en outubro de 1923.[1]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ El Compostelano, 3-9-1923, p. 3.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la Prensa Gallega 1800-1986. Sada: Do Castro. pp. 533–534. ISBN 84-7492-489-8.