Koh Ker
Coordenadas: 13°47′00″N 104°32′00″L / 13.78333333, 104.53333333
Koh Ker | |
---|---|
Templo Prasat Thom de Koh Ker. | |
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | Camboxa |
Localización | Provincia de Preah Vihear |
Tipo | Cultural |
Criterios | ii, iv |
Inscrición | 2023 (XLV sesión) |
Rexión da UNESCO | Asia e Pacífico |
Identificador | 1667 |
Koh Ker (en khmer: ប្រាសាទកោះកេរ្ដិ៍, Prasat Kaôh Ké [praːsaːt kɑh keː]) é un remoto sitio arqueolóxico de Camboxa. Atópase a 120 km de Siem Reap e do antigo sitio de Angkor. É unha rexión chea de selva e pouco poboada. Atopáronse máis de 180 santuarios nunha área protexida de 81 km².[1](p13) Só unhas dúas ducias de monumentos poden ser visitados polos turistas porque a maioría dos santuarios están escondidos no bosque e a zona non está totalmente desminada.
Koh Ker é o nome moderno dunha importante cidade do Imperio Khmer. Nas inscricións menciónase a vila como Lingapura (cidade de lingams) ou Chok Gargyar[2]:70 (traducido como cidade de olixisto,[3] ou como bosque de árbores de ferro).[1](pp8–9)
O lugar de Koh Ker foi declarado Patrimonio da Humanidade o 17 de setembro de 2023 durante a 45ª sesión do Comité do Patrimonio da Humanidade en Riad, Arabia Saudita.[4][5]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 Csaba Kàdas (2010). Koh Ker, Shortguide. Budapest: Hunincor. ISBN 978-963-08-0470-7.
- ↑ Higham, C., 2001, The Civilization of Angkor, Londres: Weidenfeld & Nicolson, ISBN 9781842125847
- ↑ Jolyon Ralph & Ida Chau. "Hematite from Cambodia". Consultado o 1 de abril de 2013.
- ↑ "Koh Ker: Archaeological Site of Ancient Lingapura or Chok Gargyar" (en inglés). UNESCO World Heritage Centre. 17 de setembro de 2023. Consultado o 18 de setembro de 2023.
- ↑ Tan, Noel Hidalgo (2023-09-18). "Koh Ker becomes Cambodia’s Fourth UNESCO World Heritage Site". SEAArch - Southeast Asian Archaeology (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 2023-09-19. Consultado o 2023-09-19.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Koh Ker |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- "A short guide to the temples in Koh Ker", Heritage Watch (author's name, etc., no ISBN), about 26 pages with plans, drawings and photographs.
- Helen Ibbitson Jessup (2004). Art & Architecture of Cambodia. World of Art. Thames & Hudson. ISBN 0-500-20375-X.
- Dawn Rooney (2011). Angkor: Cambodia's Wondrous Khmer Temples. Odyssey Illustrated Guides. Foreword by Norodom Sihamoni (6th ed.). Airphoto International. pp. 374–380. ISBN 978-9622178021.