Kevin Presa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaKevin Presa
Biografía
Nacemento15 de maio de 1994 Editar o valor em Wikidata (30 anos)
Ponteareas, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade2013 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata
Deportefútbol Editar o valor em Wikidata
Posición de xogoCentrocampista Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
2013-2019 Pontevedra Club de Fútbol 191(11)
2019-2020 UCAM Murcia Club de Fútbol 3(0)
2020-2020 Club Haro Deportivo 0(0)
2020-2021 Unió Esportiva Cornellá 24(0)
2021-2022 Racing de Ferrol 35(2)
2022- Cultural Leonesa 64(3) Editar o valor em Wikidata

Kevin Presa Duarte, nado en Ponteareas o 15 de maio de 1994, é un futbolista galego que xoga como centrocampista na Cultural Leonesa da Primeira División RFEF.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formado na canteira do Pontevedra, en 2013 debutou co primeiro equipo na Terceira División, nun partido ante o Cerceda. Disputou 12 partidos esa tempada co Pontevedra, que alternou co filial en Preferente, e en 2014 instalouse definitivamente no primeiro equipo.[1] Xa asentado na titularidade, en 2015 conseguiu o ascenso á Segunda División B. Militou un total de 6 campañas no primeiro equipo pontevedrés, sumando 191 partidos e 11 goles.

No verán de 2019 fichou polo UCAM Murcia, tamén de Segunda B, e a continuación pasou polo Haro Deportivo e o Cornellà, volvendo ao fútbol galego na tempada 2021/22 ao fichar polo Racing de Ferrol.[2] Co club verde debutou na nova Primeira División RFEF e disputou 35 partidos nos que marcou 2 goles.

En xullo de 2022 asinou como novo xogador da Cultural Leonesa.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Nogueira Casás, Xaime (20 de maio de 2016). "Presa, el más deseado". Diario de Pontevedra (en castelán). Consultado o 3 de maio de 2024. 
  2. "Kevin Presa reforzará el medio campo del Racing" (en castelán). La Voz de Galicia. 30 de xuño de 2021. Consultado o 3 de maio de 2024. 
  3. "La Cultural y Deportiva Leonesa incorpora a Kevin Presa" (en castelán). Cultural y Deportiva Leonesa. Consultado o 3 de maio de 2024.