Juanito González
Juanito | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Juan González Lorenzo | ||
Nacemento | 5 de decembro de 1928 | ||
Lugar de nacemento | Neda | ||
Falecemento | 4 de agosto de 2000 | ||
Lugar de falecemento | Ferrol | ||
Altura | 1,74 m. | ||
Posición | gardameta | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1946–1947 | Galicia | ||
1947–1950 | Racing de Ferrol | 47 | (0) |
1950–1953 | Racing de Santander | 77 | (0) |
1953–1957 | Real Madrid | 7 | (0) |
1957–1958 | Córdoba | 4 | (0) |
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Juan González Lorenzo, coñecido como Juanito González, nado en Neda o 5 de decembro de 1928 e finado en Ferrol o 4 de agosto de 2000, foi un futbolista galego, que xogaba de porteiro.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Despois de debutar na Terceira División co Galicia de Ferrol, en 1947 fichou polo Racing de Ferrol, da Segunda División. Debutou co equipo verde, adestrado por Hilario, nun partido da Copa Federación Galega ante a Lucense.[1] Con todo, o Racing incorporou ese ano ao tamén porteiro Juanito Alonso, polo que González só puido disputar cinco partidos de liga durante a tempada. Xogou o seu primeiro enconto na categoría de prata o 12 de outubro dese ano, nunha derrota por 4-0 ante o Badalona e fíxose definitivamente coa titularidade trala marcha de Alonso ao Real Madrid. Nas súas tres campañas no equipo ferrolán, disputou 52 partidos entre liga e Copa do Xeneralísimo.
En xuño de 1950 asinou un contrato por catro tempadas co Racing de Santander, a cambio de medio millón de pesetas.[2] Debutou na Primeira División contra o Alcoyano e foi titular durante case todos os partidos da tempada no equipo de Antonio Barrios. Continuou ocupando a portería cántabra durante a tempada 1951/52, pero perdeu protagonismo na seguinte, despois de sufrir unha lesión e perder a titularidade ante Ortega.[3]
En 1953 fichou polo Real Madrid, onde volveu coincidir co porteiro vasco Alonso e co cambadés Pazos. Estes dous repartíronse as titularidades na portería, polo que González non puido disputar nin un só minuto en partido oficial na súa primeira tempada en Madrid, que acabou coa conquista da liga por parte do club branco. Finalmente debutou co equipo na súa segunda campaña, substituíndo ao lesionado Alonso nun partido contra o Sevilla no estadio de Nervión. Xogou un total de sete encontros ese ano, no que conquistou unha nova liga, pero nas seguintes dúas tempadas non volveu disputar ningún partido máis, sendo o elixido na portería case sempre Alonso, e nalgunhas ocasións Javier Berasaluce. Ademais de tres ligas e dúas Copas Latinas, gañou as dúas primeiras edicións da Copa de Europa, aínda que non chegou a debutar na competición europea.
Durante a tempada 1957/58 xogou co Córdoba na Segunda División. Faleceu en Ferrol o 4 de agosto do ano 2000, aos 71 anos de idade, vítima dun cancro de larinxe.[4]
Palmarés[editar | editar a fonte]
- Racing de Ferrol
- Real Madrid
- Primeira División (3): 1953/54, 1954/55, 1956/57.
- Copa de Europa (2): 1955/56, 1956/57.
- Copa Latina (2): 1954/55, 1956/57.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Se inició el domingo la Copa Federación". El Pueblo Gallego (en castelán) (7411). 20 de maio de 1974. p. 4. Consultado o 21 de maio de 2022.
- ↑ "Galicia de norte a sur". El Pueblo Gallego (en castelán) (3910). 17 de xuño de 1950. p. 3. Consultado o 21 de maio de 2022.
- ↑ "El Santander decidirá hoy su alineación". El Pueblo Gallego (en castelán) (9686). 22 de marzo de 1953. p. 5. Consultado o 21 de maio de 2022.
- ↑ "Falleció Juanito, exportero del Racing de Ferrol y del Madrid". La Voz de Galicia (en castelán). 5 de agosto de 2000. p. 35.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Datos do xogador no sitio web do Real Madrid (en castelán).