Juan García Niebla
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1875 Ferrol, España |
Morte | 17 de agosto de 1936 (60/61 anos) Ferrol, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | mestre , político |
Lingua | Lingua castelá |
Juan García Niebla, nado na Graña (Ferrol) en 1875 e finado na mesma cidade o 17 de agosto de 1936, foi un mestre e político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Obtivo o título de mestre nacional en 1895. Exerceu a docencia en Betanzos, e en 1902 fundou a escola pública de Caranza, da que foi director ata maio de 1914. Despois pasou á escola de nenos de Serantes, Ferrol Vello e finalmente Canido. Entre 1903 e 1910 promoveu unha serie de saídas escolares en bicicleta. Recompilou unha selección de redaccións dos seus alumnos sobre esas saídas e recolleunas no libro Los hombres del mañana[1]. Foi representante por Serantes do Comité de Ferrol da Sociedad de Instrucción, Recreo y Beneficencia de Ferrol y su Comarca, constituída na Habana en 1909. Formou parte da sección de Trabajadores de la Enseñanza da UGT. Coa sublevación do 18 de xullo de 1936 foi detido, ingresou no buque prisión Plus Ultra o 11 de agosto, o 16 foi entregado a axentes da Forza Pública que o asasinaron o 17. Foi soterrado nunha fosa común no camposanto de Canido.
Recoñecementos[editar | editar a fonte]
O concello de Serantes acordou en 1930 dedicarlle unha rúa. O acordo foi anulado, e a placa arrincada, tralo golpe militar de 1936. Pero foi reposto o 5 de abril de 1995 pola Corporación Municipal de Ferrol.
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Llorca, Guillermo (2000). "Juan García Niebla. A pedagoxía ó servicio do cidadán" (PDF). Idea (6): 106–109. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 06/03/2016. Consultado o 6/3/2014.
- Llorca, Guillermo (2015). Juan García Niebla: entre a innovación pedagóxica e o compromiso cidadán. Muíño do Vento.
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Juan García Niebla na páxina web Nomes e Voces.
- Las Escuelas de Ferrol en la Segunda República
- "El régimen de terror en Galicia. Fusilamientos y robos a mansalva" ABC, 17/10/1936, p. 10 (en castelán).