Juan Carlos González Carbajales
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1966 (57/58 anos) |
Alcalde Pontevedra | |
2007 – | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Lugar de traballo | Pontedeva |
Ocupación | político |
Partido político | Partido Popular |
Membro de | |
Lingua | Lingua castelá |
Juan Carlos González Carbajales, nado en 1966, é un empresario e político galego do PPdeG.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Empresario do sector do moble. Antigo militante do PPdeG, nas eleccións municipais de 2003 encabezou unha lista independente á alcaldía de Pontedeva que obtivo dous concelleiros, pero apoiou ao candidato do PPdeG para a alcaldía.[1] Nas municipais do 2007 presentouse á alcaldía de Pontedeva polo PPdeG, sendo elixido alcalde grazas ao apoio do concelleiro independente. Mantívose como alcalde ata o ano 2019, acadando a maioría absoluta tanto nas municipais do 2011 como nas do 2015.[2]
Predecesor: José González Marquina |
Alcalde de Pontedeva 2007 - 2019 |
Sucesor: José Carlos Guerrero Salgado |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Los independientes del Pontedeva dan la alcaldía al Partido Popular". La Voz de Galicia (en castelán). 2003-08-01. Consultado o 2021-03-14.
- ↑ "Un concejal será candidato del PP en Pontedeva". La Voz de Galicia (en castelán). 2019-01-09. Consultado o 2022-09-23.