Josu Anuzita Alegría
Yosu | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Josu Anuzita Alegría | ||
Nacemento | 13 de xaneiro de 1964 (60 anos) | ||
Lugar de nacemento | Bilbao | ||
Posición | Porteiro | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1986–1990 | Sestao | 79 | (0) |
1990–1993 | Deportivo da Coruña | 50 | (0) |
1993–1994 | Cádiz | 29 | (0) |
1994–1995 | Marbella | 29 | (0) |
1995–1996 | Salamanca | 2 | (0) |
1996–1997 | Málaga | ||
1998–2001 | Barakaldo | ||
Adestrador | |||
2007–2008 | Arenas de Getxo | ||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Josu Anuzita Alegría, nado en Bilbao o 13 de xaneiro de 1964, é un exfutbolista e actual adestrador de fútbol español. Xogaba de porteiro.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Desde a campaña 1986–87 ata a 1989–90 foi porteiro do Sestao Sport, con quen debutou en Segunda División o 6 de decembro de 1987, nunha vitoria contra o Real Burgos (0–1).
Na tempada 1990–91 foi contratado polo Deportivo da Coruña, desprazando ao porteiro titular Jorge García Santos. Nesa campaña logrou o ascenso a Primeira División. Na tempada 1991–92, coa chegada de Francisco Liaño, estivo á sombra do meta cántabro, aínda que tivo a súa oportunidade na segunda volta do campionato, onde xogou 12 partidos (da xornada 20 á 31). Na tempada 1992–93 tan só xogou un encontro co conxunto galego, na derrota fronte ao Atlético de Madrid no estadio Vicente Calderón (2–1). Tras esa campaña rematou a súa vinculación co Deportivo.
Na tempada 1993–94 fichou polo Cádiz CF de Segunda División. No club andaluz, pese a cambiar de adestrador en tres ocasións, mantivo a titularidade practicamente todo o campionato, xogando 29 encontros. Ao final, o Cádiz CF descendeu a Segunda División B como último clasificado.
Na tempada 1994–95 foi contratado polo Atlético Marbella, nunha campaña na que trocou de adestrador en 7 ocasións. Yosu xogou 29 encontros e o equipo quedou na 13ª posición da táboa.
Na tempada 1995–96 fichou polo acabado de ascender UD Salamanca, como porteiro suplente de José Ignacio Aizpurúa. Nesta campaña participou tan só en 2 encontros.
Na actualidade é adestrador en Lezama, o campo de adestramento do Athletic Club. Anteriormente foi adestrador do Arenas Club de Getxo (2007–08).
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Nados en 1964
- Nados en Bilbao
- Futbolistas do País Vasco
- Gardametas de fútbol
- Xogadores do Sestao Sport Club
- Xogadores do Deportivo da Coruña
- Xogadores do Cádiz CF
- Xogadores do CA Marbella
- Xogadores da UD Salamanca
- Xogadores do Málaga CF
- Xogadores do Barakaldo CF
- Adestradores de fútbol de España
- Adestradores do Arenas Club de Getxo