José del Peso Sevillano
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1895 (128/129 anos) La Campana, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | mestre , inspector de educación , político |
Lingua | Lingua castelá |
José del Peso Sevillano, nado en La Campana (Sevilla) cara a 1895, foi un mestre e político español.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Foi nomeado inspector de ensinanza primaria da provincia de Lugo en xaneiro de 1923. A Junta para Ampliación de Estudios concedeulle unha pensión para Suíza (de outubro de 1925 a marzo de 1926) onde se dedicou ao estudo da psicoloxía experimental e a orientación profesional. Masón, foi membro da loxa Lucus nº 5. Presidente da Organización Republicana Lucense (1930), participou no pacto de Lestrobe. Foi trasladado á provincia de Huelva a finais de 1930. Foi nomeado Inspector de ensinanza da provincia de Cádiz en setembro de 1932 e en xuño de 1935 pasou á provincia de Córdoba. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi depurado. O seu expediente de depuración resolveuse en xullo de 1942 coa sanción de separación definitiva do servizo e baixa na escala.[1] Sufriu expediente de responsabilidades políticas.
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Casou en Becerreá con Carmen Pérez Rosón, sobriña de Eduardo Rosón López, en xullo de 1927.[2]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ BOE, 27-8-1942, p. 6524.
- ↑ La Provincia, 17-7-1927, p. 1.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Morente Díaz, Manuel (2011). La depuración de la enseñanza pública cordobesa a raíz de la Guerra Civil (PDF). Córdoba: El Páramo. pp. 637–641. ISBN 9788492904273.