José Pelisio
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XIX Ourense |
Morte | século XX Buenos Aires |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | xornalista , escritor , comerciante |
José Pelisio González, nado en Ourense cara a 1866, foi un xornalista, escritor e comerciante galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fillo de Lisardo Pelisio e Vicenta González. Emigrou a Cuba. Instalouse en Cienfuegos onde rexentou a xastrería e camisería El Gran Oriente.[1] Por conflitos cos dirixentes da colonia española de Cienfuegos, marchou a México en 1900. Instalouse en Mérida do Iucatán. Visitou Galicia en 1902 para asistir á coroación do rei representando aos periódicos El Hogar da Habana e El Eco del Comercio de Mérida.[2] En Mérida fundou e dirixiu o periódico El Español durante dous anos. En 1906 volveu visitar España e Galicia.[3] De Mérida marchou a Cidade de México e dedicouse ao comercio e a industria, rexentando a xastrería Champion Peliso, e fundou o periódico El Eco que foi suspendido pola ditadura de Porfirio Díaz obrigándoo a saír do país en marzo de 1911.[4][5] Marchou a Cuba, desde onde embarcou para pasar unha temporada en Galicia antes de partir á Arxentina en xullo, onde se radicou.[6] En Buenos Aires foi redactor de Nova Galicia e do Boletín Oficial del Centro Gallego de Avellaneda onde publicou o "A primeira liomosna. Un recuerdo de México", e colaborou en La Iberia. Traballou como xastre e foi representante de Galicia e correspondente en Buenos Aires de La Prensa da Habana.
Obras[editar | editar a fonte]
- Males que aquejan a la Colonia Española en América. Su remedio.
- Homenaje al príncipe de los Ingenios Españoles.
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Casou con Presentación de Lema Fallón, de Lugo, coa que tivo dúas fillas, María del Rosario e Guadalupe Pelisio de Lema;[7][8] volveu casar en Buenos Aires con Edelmira Carreras en novembro de 1912.[9]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Follas novas, 12-2-1899, p. 3.
- ↑ La Voz de Galicia, 29-3-1902, p. 2.
- ↑ El Correo de Galicia, 23-7-1906, p, 2.
- ↑ Galicia, 25-3-1911, p. 7.
- ↑ "Brisas aztecas", El Noroeste, 30-4-1911, p. 1.
- ↑ Galicia, 8-4-1911, p. 3-4.
- ↑ Nova Galicia, 29-9-1912. p. 2.
- ↑ Nova Galicia, 6-10-1912. p. 2.
- ↑ Boletín oficial del Centro Gallego, 15-12-1912, p. 21.