José Meixengo Pereira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé Meixengo Pereira
Biografía
Nacemento1909 Editar o valor em Wikidata
Castrelo de Miño, España Editar o valor em Wikidata
Morte2 de xaneiro de 2000 Editar o valor em Wikidata (90/91 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmédico , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

José Meixengo Pereira, nado en Castrelo de Miño en 1909 e finado en Vigo o 2 de xaneiro de 2000, foi un médico e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Médico na Arnoia. Coa vitoria da Fronte Popular nas eleccións de febreiro de 1936 foi nomeado alcalde da Arnoia a principios de marzo. Logo da sublevación do 18 de xullo foi detido na Cañiza e posto tempo despois en liberdade ao non se formular ningún cargo contra el. Posteriormente foi novamente detido e encarcerado no Mosteiro de Celanova. Xulgado en Ourense en Consello de Guerra por rebelión militar, foi absolto. Conseguiu zafarse das sacas nocturnas que periodicamente realizaban os falanxistas no convento-cárcere celanovés. Permaneceu alí durante uns meses e entrou en contacto co daquela sacerdote Fernando Quiroga Palacios. En 1937 foi trasladado ao Mosteiro de Santa María de Oseira que funcionaba como prisión. Foi chamado a filas e despois de cumprir o servizo militar conseguiu destino como médico na zona de Celanova e Verea onde exerceu ata pouco antes da xubilación. Trasladouse a Redondela en 1971 onde se xubilou como médico en 1974. Residiu en Vigo onde a agrupación socialista da cidade tratou de convencelo para encabezar a candidatura ao concello nas primeiras eleccións democráticas. Meixengo non aceptou por motivos de idade.


Predecesor:
Evencio Álvarez Bangueses
 
Alcalde da Arnoia
 
1936
Sucesor:
Evencio Álvarez Bangueses

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]