José María Taberneiro Fraiz
Biografía | |
---|---|
Nacemento | A Madanela de Montes, España |
Morte | 11 de agosto de 1936 Alba, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político |
Lingua | Lingua galega e lingua castelá |
José María Taberneiro Fraiz, coñecido como Rolo, nado na Madanela de Montes (Forcarei) e finado en Alba o 11 de agosto de 1936, foi un agrarista e político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Agrarista. Candidato socialista ás eleccións municipais de 1922, foi elixido concelleiro na corporación presidida por Saturnino Monteagudo.[1] Cando ao cabo de tres meses o alcalde se pasou con parte dos seus correlixionarios ao bando de José Riestra López, quedaron como minoría José María Taberneiro e outros tres concelleiros socialistas, Alfredo Iglesias Álvarez, Jesús Valiñas Bouzas e José Campos Valiñas.[2] Coa ditadura de Primo de Rivera emigrou aos Estados Unidos de América e traballou como picador na minería de carbón na zona dos Grandes Lagos
Coa Segunda República retornou a Forcarei e abriu unha tenda en Vilapouca. Militante do PSOE, logo da vitoria da Fronte Popular nas eleccións de febreiro de 1936 foi nomeado e concelleiro e elixido segundo tenente de alcalde. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi perseguido e tiroteado preto do seu domicilio por varios falanxistas souteláns e fuxiu á aldea de Grobas no Candán. O 11 de agosto decidiu presentarse en Vilapouca, fiando nas garantías dun significado simpatizante dos facciosos á súa muller conforme non lle vai pasar nada. Esa noite os falanxistas detéñeno no seu domicilio e baixárono nunha camioneta a Pontevedra, acompañado de Severino Bugallo Valiñas, Jesús González González, José Torres Paz, José Cortizo González e Manuel Garrido "o Negro", detidos no Cuartel da Garda Civil de Cerdedo. Ao día seguinte, aparecen mortos na estrada Pontevedra-Santiago, no lugar de Alba, Taberneiro, Jesús González, José Torres e José Cortizo. Deron por morto a Manuel Garrido "o Negro", mais deu sobrevivido.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ El Progreso, 7-4-1922, p. 2.
- ↑ Forcarei visto a través do periódico “Acción Social”
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- José María Taberneiro Fraiz na páxina web Nomes e Voces.