José Manuel Méndez Freijo
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2017.) |
Este artigo é orfo, xa que carece doutros artigos que apunten cara a el. Por favor, engade ligazóns a esta páxina desde outros artigos relacionados con este. |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1962 (61/62 anos) As Nogais, España |
Alcalde de Arroyo de la Encomienda | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Lugar de traballo | Arroyo de la Encomienda (pt) |
Ocupación | político |
Lingua | Lingua castelá |
José Manuel Méndez Freijo, nado nas Nogais en 1962, é un político galego que pertenceu a varios partidos e foi alcalde do concello valisoletano de Arroyo de la Encomienda.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Na década de 1980 comezou a súa actividade política, primeiro no BNG das Nogais, como cabeza de lista e único concelleiro logo das municipais de 1983. Posteriormente integrouse no PSdeG, co que foi concelleiro do grupo de goberno ao longo desa década e ata 1994. Nese ano participou na creación dunha empresa de máquinas recreativas e trasladouse a Valladolid.
Fixou a súa residencia nun concello dos arrabaldes da capital, Arroyo de la Encomienda, a 3 quilómetros da cidade de Valladolid e ingresou no Partido de los Independientes de España co que se presentou aos comicios locais de 1995. Obtivo tres concelleiros e quedou a menos de 40 votos de vencer nas eleccións. Logo de perder apoios nas eleccións de 1999 integrouse como concelleiro no Partido Popular e con esa formación conseguiu a alcaldía de Arroyo de la Encomienda nas municipais de 2003. Antes das eleccións de 2007 foi expulsado do PP, fundou a súa propia formación (Independientes por Arroyo de la Encomienda) e revalidou a maioría absoluta, que incrementou en 2011 con case o 60% dos votos.
Arroyo de la Encomienda é un concello dos arrabaldes de Valladolid, cunha poboación en rápido aumento durante o século XXI. Cando Méndez Freijo chegou ao concello a poboación era de pouco máis de 1.000 habitantes, en 2011 chegaba a 13.000. No seu termo instalouse un establecemento da empresa sueca Ikea e construíronse milleiros de vivendas, moitas delas de man da empresa galega Mahía.