Saltar ao contido

José Luis Trashorras Méndez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé Luis Trashorras Méndez
Biografía
Nacemento1944 Editar o valor em Wikidata
Meira, España Editar o valor em Wikidata
Morte28 de decembro de 2008 Editar o valor em Wikidata (63/64 anos)
Ribadeo, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

José Luis Trashorras Méndez, nado en Meira en 1944 e finado en Ribadeo o 28 de decembro de 2008, foi un mestre con especialidade en lingua castelá e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Logo de dar clase en diversas localidades, tivo como últimos destinos o CP Gregorio Sanz, do que saíu no 1987 para dirixir en Comisión de servizos o daquela acabado de crear Centro de Adultos, e o IES Porta da Auga. Xubilado no ano 2004, ese mesmo ano publicou El Camino de Santiago, obra en verso e en castelán sobre o tema dá título[1].

Foi alcalde de Ribadeo parte dun mandato (dende marzo do 1985 ata as eleccións do 1987). Á fronte da alcaldía promoveu o premio literario Diadema de Ribadeo, que leva homenaxeado a varias xeracións de estudantes e visto nacer e medrar o interese de estudantes pola literatura.

Foi pregoeiro do entroido de Ribadeo en 1998, así como das festas patronais do 2000. No 2001, e xa como fillo predilecto de Meira, foi o pregoeiro na súa parroquia.

Participou no Consello da Caixa Rural Provincial de Lugo, e nos últimos anos, foi Secretario da Caixa Rural Galega.


Predecesor:
José Ramón Cociña García
 
alcalde de Ribadeo
 
1985 - 1987
Sucesor:
Eduardo Gutiérrez

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "José Luis Trashorras Méndez". Ribadeando. Necroclóxica. Consultado o 13/02/2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]