José Losada Ferreiro
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1893 (130/131 anos) O Saviñao, España |
Alcalde do Saviñao | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Irmáns | Antonio Losada Ferreiro |
José Losada Ferreiro, coñecido como Pepe do Café, nado no Saviñao cara a 1893, foi un político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Propietario do Café Central de Escairón. Presidente Agrupación Republicana do Saviñao en 1931, foi concelleiro en abril e elixido alcalde do Saviñao.[1] Foi cesado en maio de 1932 e procesado por desacato á autoridade.[2] Xulgado en Lugo en xuño de 1933, o fiscal retirou a acusación.[3] En 1934 era o presidente da Agrupación Socialista. En marzo de 1936 foi elixido alcalde do Saviñao. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 permaneceu fuxido e foi detido o 26 de marzo de 1939. Ingresou en prisión e foi xulgado por auxilio á rebelión e condenado a 12 anos e un día de prisión, aínda que saíu en liberdade en 1940. Foi novamente detido en 1947 por axudar ao guerrilleiro Xosé Castro Veiga, O Piloto, a recrutar algúns mozos da zona para integrar a súa partida e xulgado por un delito de "auxilio a malhechores".
Predecesor: José Benito Somoza Álvarez |
Alcalde do Saviñao 1931 - 1932 |
Sucesor: Justino Rodríguez Rigueira |
Predecesor: Justino Rodríguez Rigueira |
Alcalde do Saviñao 1936 |
Sucesor: Francisco Patiño Díaz |
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Casou con Luciana López Alonso en 1930.[4]
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Souto Blanco, María Jesús (2003). "Una «revuelta de hambre» en la Galicia del primer franquismo: O Saviñao" (PDF). Pasado y Memoria. Revista de Historia Contemporánea (2): 6–7. Consultado o 24 de xaneiro de 2013.
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- José Losada Ferreiro na páxina web Nomes e Voces.