José García Martínez
Rabadeira | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | José García Martínez | ||
Nacemento | 11 de abril de 1952 | ||
Lugar de nacemento | A Rabadeira | ||
Falecemento | 31 de maio de 2022 | ||
Altura | 1,85 m. | ||
Posición | Extremo | ||
Carreira xuvenil | |||
1967–1968 | Cerceda | ||
1968–1969 | Celas de Peiro | ||
1969–1970 | Deportivo da Coruña | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1970–1972 | Fabril | ||
1972–1979 | Deportivo da Coruña | 128 | (19) |
1978–1979 | → Levante | 3 | (0) |
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
José García Martínez, máis coñecido como Rabadeira, nado na Rabadeira, Cerceda, o 11 de abril de 1952 e finado o 31 de maio de 2022, foi un futbolista galego que xogaba como extremo. Desenvolveu case toda a súa carreira no Deportivo da Coruña, co que xogou en tres categorías diferentes (Primeira, Segunda e Terceira División).[1]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Comezou a xogar ao fútbol no Cerceda, aínda sen federar, pasando logo ás filas do Celas de Peiro.[2] En 1969 ingresou no equipo xuvenil do Deportivo da Coruña, no que xogou unha tempada. A continuación pasou ao Fabril, da Serie A, co que logrou o ascenso á Terceira División na súa primeira campaña.[3]
Rabadeira, coñecido así polo seu lugar de nacemento, debutou co primeiro equipo en partido oficial o 10 de setembro de 1972, na segunda xornada da tempada 1972/73 da Primeira División, saíndo de titular contra o Granada en Riazor.[4] Disputou un total de 23 encontros esa tempada e marcou un gol na Copa do Rei, contra o Hércules,[5] pero o equipo de Arsenio acabou descendendo ao remate da competición. Na tempada 1973/74, na Segunda División, disputou 23 partidos de liga e 3 de Copa, e marcou dous goles, o primeiro deles o 27 de xaneiro de 1974 ante o Real Valladolid. Malia todo, o Deportivo encadeou un novo descenso, neste caso a Terceira División.
Titular na maioría de partidos da tempada 1974/75 na Terceira, logrou regresar á Segunda División. Militou na categoría de prata durante as seguintes tres tempadas, e acadou os 149 partidos oficiais e 24 goles co club. Na campaña 1978/79 foi cedido ao Levante, onde se proclamou campión do grupo II da Segunda División B, conseguindo así o ascenso. Tamén chegou a viaxar a Suíza para probar cun equipo dese país, pero o día da proba lesionouse e acabou volvendo a Galicia. Colgou as botas con só 27 anos por mor das lesións, aínda que máis tarde xogou ao fútbol sala.[2]
Trala súa retirada traballou na mina das Encrobas.[6] Faleceu o 31 de maio de 2022, aos 70 anos de idade.[3]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Rabadeira". bdfutbol.
- ↑ 2,0 2,1 "Rabadeira: “Siempre piensas que puedes llegar a más, pero no fui un fenómeno”" (en castelán). 18 de outubro de 2013. Consultado o 3 de agosto de 2022.
- ↑ 3,0 3,1 "Falece Rabadeira, xogador deportivista en Primeira, Segunda e Terceira na década dos 70". 1 de xuño de 2022. Consultado o 3 de agosto de 2022.
- ↑ "El Deportivo se salvó de la derrota". El Pueblo Gallego (en castelán) (17898). 12 de setembro de 1972. p. 15. Consultado o 3 de agosto de 2022.
- ↑ "¡El Deportivo encontró la suerte!". El Pueblo Gallego (en castelán) (18023). 8 de febreiro de 1973. p. 14. Consultado o 3 de agosto de 2022.
- ↑ A., X. (2 de xuño de 2022). "Rabadeira, el exdeportivista que pasó de habilidoso extremo a minero en As Encrobas". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 3 de agosto de 2022.