José Cribeiro González
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 14 de decembro de 1898 Mogor, España |
Morte | 1981 (82/83 anos) Vigo, España |
Alcalde | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | mestre , político |
Lingua | Lingua castelá |
José Cribeiro González, nado en Mogor (Mañón) o 14 de decembro de 1898,[1] e finado en Vigo en 1981, foi un mestre e político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Estudou Maxisterio na Escola Normal de Pontevedra. Sendo estudante publicou un artigo sobre Concepción Arenal en El Progreso.[2] Rematou Maxisterio en 1915.[3] Aprobou as oposicións en 1924.[4] Foi destinado á escola de Donas (Gondomar) en 1924.[5] Foi un dos animadores da Sociedade Agraria de Donas. Coa proclamación da Segunda República foi nomeado presidente da xestora provisional, permanecendo no cargo ata que se celebraron novas eleccións o 31 de maio. Foi presidente da Asociación de Trabajadores de la Enseñanza de Vigo.[6]
Cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, estaba en Pontevedra formando parte dun tribunal de selección de mestres, residindo na casa paterna. Foi detido o 15 de agosto e ingresou en prisión ao día seguinte. Foi procesado na causa 805/36, polo delito de rebelión con José Pequeño Rodríguez (alcalde de Gondomar), Rogelio Lorenzo González (tenente de alcalde), Joaquín Míguez Ledo (presidente do sindicato) e os obreiros Eduardo Hermida Pereira, Antonio Iglesias (a) Cañón, Manuel Domínguez Sanromán e Feliciano Vargas. Cribeiro estaba considerado como inspirador dos movementos agrarios e sindicais, e tamén instigador das decisións do presidente da Sindicato de Oficios Varios de Gondomar, Joaquín Míguez. Xulgado en Vigo o 16 de outubro,[7] foi absolto. Cando o puxeron en liberdade andou agochado por Pontevedra e Santiago, ata que acordou alistarse como voluntario na lexión; dese xeito evitou que andasen tras del os cívicos e falanxistas e evitou a morte. Cun nome falso, José María Ruíz Berlanga, marchou para Zaragoza; por idade e preparación, enviárono ás oficinas e non chegou a ir á fronte.
Foi expulsado do maxisterio e non puido reincorporarse ao maxisterio ata ben entrada a década dos cincuenta. A súa muller Concha tamén foi sancionada, e o seu irmán Pío Cribeiro, a súa cuñada Regina Rodríguez Bares, e a irmá desta, Áurea, que exercían nas escolas de Aldán e Coiro. Concepción e José sobreviviron dando clases particulares en Gondomar. Despois Cribeiro foi mestre de Matamá, onde se xubilou en 1972.[8]
Predecesor: José de Lis Rodríguez |
Alcalde de Gondomar 1931 |
Sucesor: Pablo Nieto Virostra |
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Casou coa tamén mestra Juliana Concepción Gómez Martín en 1926.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Primer escalafón de maestros de escuelas nacionales existentes en 31 de diciembre de 1933. Madrid: Ministerio de Instrucción Pública y Bellas Artes. 1934. p. 100.
- ↑ "Concepción Arenal y el problema social", El Progreso, 1-5-195, p. 1.
- ↑ Diario de Pontevedra, 14-6-1915, p. 2.
- ↑ El Noticiero Gallego, 25-6-1924, p. 2.
- ↑ El Progreso, 19-11-1924, p. 2.
- ↑ Álvarez Castro, Xosé (2019). "Sindicalistas en Vigo (e 2)"
- ↑ El Diario de Pontevedra, 16-10-1936, p. 2.
- ↑ El Pueblo Gallego, 3-11-1972, p. 9.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Méixome Quinteiro, Carlos (2017). "Alonso Ríos en Gondomar. Un imaxinario, aínda que posíbel, paseo". Sarmiento (21): 225–237.
- Méixome, Carlos (2021). Catas na memoria. A persecución franquista no Val de Miñor. Santiago de Compostela: Laiovento. pp. 53–77. ISBN 978-84-8487-506-2.
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- José Cribeiro González na páxina web Nomes e Voces.