José Benito González Álvarez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé Benito González Álvarez
Biografía
Nacemento17 de setembro de 1898 Editar o valor em Wikidata
Provincia de Ourense Editar o valor em Wikidata
Morteséculo XX Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre , pedagogo Editar o valor em Wikidata

José Benito González Álvarez, nado na provincia de Ourense o 17 de setembro de 1898,[1] foi un mestre e pedagogo galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Aprobou as oposicións ao Maxisterio en 1920 e foi destinado como mestre a Albeos (Crecente).[2] En 1925 trasladouse á Cañiza.[3] Creou unha biblioteca popular circulante,[4] foi concelleiro da Cañiza e segundo tenente alcalde,[5] renunciando en decembro de 1929.[6] Fundou a Casa do Pobo da Cañiza como Sociedad Obrera y Campesina del Partido de La Cañiza en abril de 1931,[7] interveu en mitins políticos con Enrique Heraclio Botana, Joaquín Poza Juncal e Laureano Gómez Paratcha, e colaborou en Nueva Cañiza. Foi secretario do tribunal dos cursos de selección profesional para o ingreso no Maxisterio en 1933.[8] Foi presidente do Frente Único del Magisterio de Pontevedra en 1934.[9] Colaborou nas Misións Pedagóxicas de 1934.[10] Na folga xeral revolucionaria de 1934 foi detido e estivo preso 15 días. Cos nenos da súa escola da Cañiza creou o periódico Faro Infantil en novembro de 1934.[11] Foi elixido presidente da Asociación Provincial de mestres da provincia de Pontevedra en febreiro de 1935.[12] En xullo de 1935 foi nomeado director da Escola Graduada de Ciudad Real.[13] Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi nomeado director provincial de Primeira Ensinanza. Pasou despois á provincia de Cuenca. Coa derrota da República foi depurado e apartado do servizo activo até 1962.

Obras[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Primer escalafón de maestros de escuelas nacionales existentes en 31 de diciembre de 1933. Madrid: Ministerio de Instrucción Pública y Bellas Artes. 1934. p. 122. 
  2. El Compostelano, 25-9-1920, p. 1.
  3. El Compostelano, 8-8-1925, p. 2.
  4. El Pueblo Gallego, 24-10-1928, p. 13.
  5. El Pueblo Gallego, 16-5-1929, p. 13.
  6. El Eco del Condado, 20-12-1929, p. 2.
  7. El Pueblo Gallego, 24-4-1931, p. 9.
  8. El Pueblo Gallego, 6-9-1933, p. 6.
  9. El Pueblo Gallego, 21-4-1934, p. 8.
  10. El Noticiero Gallego, 11-7-1934, p. 3.
  11. Boletín de Educación, 2, 3-1935, p. 11.
  12. El Pueblo Gallego, 28-2-1935, p. 4.
  13. El Pueblo Gallego, 26-6-1935, p. 12.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Muntada Bach, José (1996). "José B. González, un mestre galego nos anos 30" (PDF). Revista Galega de Educación (26): 24–25. 
  • Porto Ucha, Ángel Serafín; Vázquez Ramil, Raquel (2017). La escuela activa y el entorno. Una aproximación a través de los paseos, visitas y excursiones durante la Segunda República. Santiago de Compostela: Andavira. 
  • Porto Ucha, Ángel Serafín; Vázquez Ramil, Raquel (2015). "Tras las huellas de la prensa freinetiana en Galicia durante la Segunda Reoública. Faro Infantil, periódico de los niños de la escuela de A Cañiza (Pontevedra)". La prensa de los escolares y estudiantes. Su contribución al patrimonio educativo. Salamanca: Universidad de Salamanca. pp. 165–178. ISBN 978-84-9012-613-4.