Jorge de Vivero
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 17 de xullo de 1949 (74 anos) A Coruña, España |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | docente , escritor , político , ecoloxista |
Jorge Vivero Pérez, tamén coñecido como Xurxo de Vivero ou Jorge de Vivero,[1] nado o 17 de xullo de 1949 na Coruña, é un escritor, xornalista, profesor, político e ecoloxista galego.[2]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Licenciado pola Universidade de Santiago,[3] foi profesor de ensino secundario, Lingua e Literatura Castelá, en Lugo no IES Nosa Señora dos Ollos Grandes.[4]
O seu pai foi socio fundador da Sociedade Española de Ornitoloxía e desde moi novo interesouse pola ecoloxía. Fundou o Colectivo Ecoloxista Radical e participou na fundación de CEDENAT (Colectivo Ecoloxista de Defensa da Natureza), da Asemblea de Grupos Ecoloxistas de Galicia e de Os Verdes de Galicia. Participou en política desde 1987 ata 1999.[2]
Colaborador da Revista de Obras Públicas[5], do semanal de El Progreso[6] desde 1989 e da Cadena Ser.
En 2014 reclamou a propiedade da Torre de Torés.[7]
Obra en galego[editar | editar a fonte]
Como Xurxo de Vivero
- As Donas do Vento. Aves rapaces de Galicia (1989). Vigo: Xerais. 177 páxs. Ilustradores Xoán Carlos Laxe e Carlos Moreno. ISBN 9788475073873.
- Eses Nobres cazadores. Mamíferos carnívoros de Galicia (1990). Vigo: Xerais. 165 páxs. Ilustradores Xoán Carlos Laxe e Carlos Moreno. ISBN 84-7507-443-X.
- Veciños do Home. Aves urbanas de Galicia (1993). Vigo: Xerais. 301 páxs. Ilustradores Xoán Carlos Laxe e Nicolás Muñoz Toro. ISBN 9788475077307.
- Un ano nos Ancares (1994). Vigo: Xerais. 408 páxs. ISBN 9788475078205.
- Un ano no Courel (1997). Vigo: Xerais. 300 páxs. Ilustracións de Restituto López Hernández. ISBN 9788483021354
Obra en castelán[editar | editar a fonte]
Como Jorge de Vivero
- Naturaleza varia (1993). Deputación provincial de Lugo. 360 páxs. ISBN 978-84-86824-41-9.
- Paisajes del recuerdo (2003). Ed. Tris Tram. 214 páxs. ISBN 978-84-89377-47-9.
- Tan animales (2006). Ed. Tris Tram. 196 páxs. ISBN 978-84-89377-64-6
- Ventanas al campo (2009). Ed. Tris Tram. 207 páxs. ISBN 978-84-89377-87-5
Libros colectivos[editar | editar a fonte]
- Puertas del camino (2022). Con Pepe Tejero e Roberto Díaz. Produciones 60 Ráfagas. 232 páxs. ISBN 978-84-125661-3-0. Prólogo de José de Cora.[8]
Premios[editar | editar a fonte]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Pseudónimos galegos en ogalego.eu: v". www.ogalego.eu. Consultado o 2023-11-19.
- ↑ 2,0 2,1 "Xurxo Vivero Pérez Galegos Gallegos". galegos.galiciadigital.com. Consultado o 2023-11-19.
- ↑ "Jorge de Vivero Pérez". Linkedin. Consultado o 19/11/2021.
- ↑ Lugo, El Progreso de (2010-02-06). "Jorge de Vivero pecha con ‘Ventanas al campo’ un ciclo vital e literario". El Progreso de Lugo. Consultado o 2023-11-19.
- ↑ "Lo que el viento se lleva". Revista de Obras Públicas (en castelán). Consultado o 2023-11-19.
- ↑ Lugo, El Progreso de. "El Progreso de Lugo: Periódico líder de Lugo y su Provincia". El Progreso de Lugo. Consultado o 2023-11-19.
- ↑ "Jorge de Vivero reclama la propiedad de la torre de Torés". La Voz de Galicia (en castelán). 2014-10-25. Consultado o 2023-11-19.
- ↑ Lugo, El Progreso de (2022-09-08). "De Vivero, Tejero y Díaz presentaron 'Puertas del Camino' en un O Vello Cárcere abarrotado". El Progreso de Lugo (en castelán). Consultado o 2023-11-19.
- ↑ Lugo, El Progreso de (2018-06-05). "O profesor e escritor Jorge de Vivero será o pregoeiro das Feiras de Primavera". El Progreso de Lugo. Consultado o 2023-11-19.