Jonathan Dunne
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1968 (55/56 anos) |
Actividade | |
Ocupación | tradutor |
Jonathan Dunne, nado en Kingston upon Thames en 1968, é un filólogo inglés ligado á cultura galega, da cal é tradutor.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Estudou Filoloxía Clásica[1] na Universidade de Oxford. Publicou un total de once traducións de libros escritos en linguas búlgara, catalá, galega e castelá.
É o tradutor de Manuel Rivas ao inglés, con Random House Mondadori no Reino Unido e Overlook Press nos Estados Unidos. Así mesmo, é o tradutor de Carme Riera ou Enrique Vila-Matas.
Dirixe a editorial Small Stations Press.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ CV do persoeiro Arquivado 31 de agosto de 2018 en Wayback Machine. (en inglés).
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Ficha do autor en Xerais Arquivado 22 de setembro de 2010 en Wayback Machine.