John Aubrey
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 12 de marzo de 1626 (Xuliano) Malmesbury |
Morte | 7 de xuño de 1697 (Xuliano) (71 anos) Oxford |
Lugar de sepultura | St Mary Magdalen's Church, Oxford (en) 51°45′17″N 1°15′32″O / 51.75462, -1.258826 |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino de Inglaterra |
Educación | Trinity College, Oxford (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Antigüidade, Escrita creativa e profesional e biografía |
Lugar de traballo | Inglaterra |
Ocupación | antropólogo , historiador , historiador da arte , anticuario , ensaísta , escritor , biógrafo , arqueólogo , científico |
Membro de | Royal Society (1663–) |
Lingua | Lingua inglesa |
Familia | |
Pai | Richard Aubrey (pt) |
John Aubrey, nado preto de Malmesbury (Wiltshire) o 12 de marzo de 1626 e finado en xuño de 1697, foi un anticuario e escritor inglés, máis coñecido por ser autor de breves pezas biográficas, usualmente coñecidas como Brief Lifes. Era membro dunha familia adiñeirada e famosa da zona. Educouse na escola gramática de Malmesbury, baixo a tutela de Robert Latimer, que tivera a Thomas Hobbes entre os seus primeiros alumnos. En casa do seu profesor, Aubrey deu por vez primeira co filósofo cuxa biografía redactaría máis adiante.