Johann Heinrich von Bernstorff
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 14 de novembro de 1862 Londres, Reino Unido |
Morte | 6 de outubro de 1939 (76 anos) Xenebra, Suíza |
Lugar de sepultura | Cemetery of Genthod (en) , 23 |
Reichstag (pt) | |
Parlamentario da República de Weimar | |
Embaixador | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reich alemán |
Relixión | Luteranismo |
Actividade | |
Lugar de traballo | Washington, D.C. Berlín |
Ocupación | político , diplomático |
Partido político | Partido Democrático Alemán |
Lingua | Lingua alemá |
Outro | |
Título | Conde |
Pais | Albrecht von Bernstorff (pt) e Anna, Freiin von Koenneritz (en) |
Parentes | Raymond de Pourtales (en) (xenro) |
Johann Heinrich Graf von Bernstorff, nado en Londres o 14 de novembro de 1862 e finado en Genf, Suíza, o 6 de outubro de 1939, foi un político e diplomático alemán.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fillo do embaixador Prusiano no Reino Unido Albrecht von Bernstorff viviu en Londres ata os 11 anos. Iniciou a súa actividade diplomática traballando para as embaixadas alemás en Belgrado (1892-94), San Petersburgo (1895-97), Londres (1902-06) e O Cairo (1906-08). Posteriormente, foi embaixador en Estados Unidos e México de 1908 a 1914. Durante a primeira guerra mundial participou en diversas actividades de intelixencia e sabotaxes nos Estados Unidos.
Membro fundador do Partido Democrático Alemán, foi deputado no Reichstag de 1921 a 1928. Explicitamente mencionado por Adolf Hitler como un dos culpables do colapso de Alemaña, deixou o país en 1933 tras a suba dos nazis ao poder, con destino a Suíza, onde residiu os últimos 6 anos da súa vida.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Johann Heinrich von Bernstorff |
- My three years in America, libro de Johann H. von Bernstoff. (en inglés)