Jezdeca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Jezdeca
Ficha técnica
Título orixinalJezdeca
DirectorDominik Mencej
GuiónBoris Grgurovic
Dominik Mencej
MúsicaLuca Ciut
FotografíaJanez Stucin
EstudioAntitalent Produkcija
SENSE Production
Staragara
Transmedia
Estrea2022
Duración110 minutos
OrixeEslovenia Eslovenia
XéneroDrama e comedia
Na rede
IMDB: tt15503504 Filmaffinity: 654803 Editar o valor em Wikidata

Jezdeca é un filme esloveno de 2022 dirixido por Dominik Mencej e escrito por Mencej e Boris Grgurovic. Foi escollido como candidato de Eslovenia para o Óscar ó mellor filme internacional na 96ª edición dos premios,[1] mais finalmente non foi nomeado.

Sinopse[editar | editar a fonte]

A historia está ambientada na Eslovenia da primavera de 1999. Dous amigos dunha pequena cidade deciden facer unha viaxe en moto. Na estrada que atravesa Eslovenia e Croacia, dous países recentemente separados de Iugoslavia, atópanse cun mozo fuxido cun pasado misterioso e un vello motorista que percorreu o mundo na procura da liberdade pero aínda non a atopou.

Personaxes[editar | editar a fonte]

  • Timon Sturbej como Tomaz
  • Petja Labovic como Anton
  • Anja Novak como Ana
  • Nikola Kojo como Peter
  • Peter Musevski como condutor do camión
  • Natasa Matjasec como nai de Tomaz
  • Branko Jordan como Padre Klemen
  • Boris Ostan como Jozhe

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Slovenski kandidat za mednarodnega oskarja bo film ceste Jezdeca". Radio-Television Slovenia. 2023-09-08. Arquivado dende o orixinal o 2023-09-08. Consultado o 2023-09-08. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]