Jennie Kwan
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Jennifer Trinidad Fernando 9 de setembro de 1973 (50 anos) Os Ánxeles, Estados Unidos de América |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América |
Actividade | |
Ocupación | actriz de televisión , actriz de teatro , actriz de cinema , actriz de dobraxe |
Período de actividade | 1984 - |
Lingua | Lingua inglesa |
Instrumento | Voz |
Páxina web | jenniekwan.com |
Jennifer Trinidad Fernando, nada nos Ánxeles o 9 de setembro de 1973, é unha actriz e cantante estadounidense de orixe filipina, máis coñecida como Jennie Kwan.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Jennie Kwan é sobre todo coñecida polo papel de Samantha "Sam" Woo na serie California Dreams (1993-1996) e por poñer a voz de Suki na serie de animación Avatar: The Last Airbender (2005-2008), tamén actuou en series como Family Matters, A Nanny e no filme Trojan War. No teatro participou en pezas como Miss Saigon e Avenue Q. Como cantante participou no grupo xuvenil Nobody's Angel (2001-2002).
Este artigo sobre cine é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |