Jason Caffey
Posición | Ala-pivote |
---|---|
Información persoal | |
Nacemento | 12 de xuño de 1973 (50 anos) Mobile, Alabama |
Nacionalidade | Estados Unidos |
Altura | 2,03 m (6 ft 8 in) |
Peso oficial | 116 kg (256 lb) |
Información da carreira | |
Instituto | Davidson (Mobile, Alabama) |
Universidade | Alabama (1991–1995) |
NBA Draft | 1995 / Rolda: 1 / Elección: 20 Por Chicago Bulls |
Carreira | 1995–2003 |
Historial de equipos | |
Chicago Bulls (1995–1998) Golden State Warriors (1998–2000) Milwaukee Bucks (2000–2003) | |
Premios e galardóns | |
2× Campión da NBA (1996, 1997) |
Jason Andre Caffey, nado o 12 de xuño de 1973 en Mobile, Alabama, é un ex xogador estadounidense de baloncesto profesional. Pasou toda a súa carreira na National Basketball Association (NBA), onde gañou dos campionatos cos Chicago Bulls nas tempadas 1995–96 e 1996–97.
Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]
Caffey foi seleccionado na 20ª posición do Draft da NBA de 1995 polos Chicago Bulls, onde conseguiu dous aneis consecutivos, en 1996 e 1997, acadando 7.3 puntos por encontro na súa derradeira tempada en Chicago.
Antes de poder gañar o seu terceiro campionato consecutivo cos Bulls, foi traspasado a mediados da 1997–98 ós Golden State Warriors. No verán de 1999, asinou un novo contrato cos Warriors por sete anos e 35 millóns de dólares. Na súa última tempada con Golden State, acadou 12.0 puntos e 6.8 rebotes por encontro.
Na tempada 2000–01 uniuse ós Milwaukee Bucks, cos que xogou durante tres tempadas antes de que a súa carreira rematara debido a problemas persoais, incluíndo un ataque de ansiedade en 2002[1] e unha acusación por agresión en 2003.[2] Antes do comezo da tempada 2003–04, os Bucks rescindiron o contrato de Caffey.[3]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ PalmBeachPost.com: Athletes & Depression
- ↑ "Trial of three NBA players delayed until Tuesday". Arquivado dende o orixinal o 24 de maio de 2006. Consultado o 02 de maio de 2020.
- ↑ http://www.findarticles.com/p/articles/mi_qn4196/is_20031018/ai_n10926743[Ligazón morta]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Estatísticas en Basketball-Reference.com Arquivado 08 de xaneiro de 2012 en Wayback Machine. (en inglés)