Jaime Rey de Roa
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 29 de xullo de 1942 Arzúa, España |
Morte | 25 de xuño de 2016 (73 anos) Santiago de Compostela, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Pai | Emilio Rey Sánchez |
Jaime Rey de Roa, nado en Arzúa o 29 de xullo de 1942 e finado en Santiago de Compostela o 25 de xuño de 2016,[1] foi un naturalista e político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fillo de Emilio Rey Sánchez. Licenciado en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela e na do Escorial. Foi conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes (1982-1983) e de Agricultura, Pesca e Alimentación (1983-1984). Foi presidente da Xunta Reitora do Parque Natural do Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán, secretario de Adena / WWF en Galicia e presidente da Asociación Nacional Frisona. Coordinou o suplemento medio ambiental Ozono publicado por El Correo Gallego. Recibiu o Premio Xunta de Galicia de Medio Ambiente e Conservación da Natureza e o Premio Bandeira Europea do Medio Ambiente.
Predecesor: - |
Conselleiro de Agricultura 1982 - 1984 |
Sucesor: Fernando Garrido Valenzuela |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Falleció Jaime Rey de Roa, exconselleiro con Albor y naturalista gallego". Arquivado dende o orixinal o 26 de xuño de 2016. Consultado o 25 de xuño de 2016.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Cascón Rodríguez, Armando F. (2005). Arzúa na memoria. Espello histórico dunha terra. Deputación da Coruña. p. 210. ISBN 84-9812-018-7.
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Noticia Arquivado 09 de marzo de 2016 en Wayback Machine. en El Correo Gallego
- Noticia en Revista Frisona de Confederación de Asociaciones de Frisona Española - CONAFE