Illa Zhoushan
Zhoushan | |
---|---|
Localización da illa | |
Mapa da illa | |
Situación | |
País | China |
Mar | Mar da China Oriental |
Coordenadas | 30°03′28″N 122°08′17″L / 30.05778, -122.13806Coordenadas: 30°03′28″N 122°08′17″L / 30.05778, -122.13806 |
Xeografía | |
Superficie | 502´65 km² |
Longura máxima | 44 km. |
Largura máxima | 18 km. |
Punto máis alto | 503´6 |
Distancia a terra | 9´1 km. |
Demografía | |
Poboación | 502.667 hab. |
Densidade | 875´36 hab./km² |
Illa Zhoushan é a principal e homónima illa nas Illas Zhoushan, anteriormente romanizado como o Illas Chusan, un arquipélago administrado pola Prefectura de Zhoushan na Provincia de Zhejiang na República Popular da China. É a illa máis grande da provincia e a terceira máis grande en China continental logo de Hainan e Chongming. A illa acolle os distritos de Dinghai e Putuo.
Cando se denomina porto, Porto de Zhoushan (舟山市) refírese á prefectura a nivel "cidade" que consiste na illa de Zhoushan, así como as outras illas periféricas próximas, en Zhejiang. O antigo nome de Zhoushan era Dinghai (chinés: 定海). O porto de Zhoushang é un porto popular para os graneleiros.[1]
Nome[editar | editar a fonte]
O nome Zhoushan significa "illa barco" e refírese á forma da illa nun mapa. [Cómpre referencia]
Xeografía[editar | editar a fonte]
A 30° N. 122° E.,[2] aliñease do noroeste ao sueste, e ten 170´16 km de litoral costeiro, 44 km no seu punto máis longo e 18 km no seu punto máis estreito. A súa superficie é de 502´65 km² (incluída a zona de mareas). No seu punto máis próximo, está a 9´1 quilómetros da parte continental da China. Elévase a unha altitude de 503´6 metros.
A illa ten unha variada gama de paisaxes, con outeiros e vales, ademais de ser regada con numerosos pequenos arroios, dos cales o máis importante é o Dongjiang (Río Leste), que pasa polo porto de Dinghai. Hai varios centos de peiraos ao redor das illas, separados en tres áreas: Zona portuaria de Dinghai, Zona portuaria de Shen-jia-men (沈家门港区) e Zona portuaria de Laotangshan (老塘山港区). As rexións turísticas inclúen as rexións de Shen-jia-men e Dinghai.
Subdivisións[editar | editar a fonte]
Na illa viven medio millón de persoas, a maioría Han, en 150.000 familias nas seguintes 17 subdivisiónes dos distritos Dinghai e Putuo ambos na Illa Zhoushan:
10 sub-distritos:
|
6 cidades:
1 municipio:
|
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Admiralty Sailing Directions - China Sea and Yellow Sea. Taunton, United Kingdom: UK Hydrographic Office. 2011.
- ↑ Chisholm, Hugh, ed. (1911). "Chusan". Encyclopædia Britannica 6 (11ª ed.). Cambridge University Press (en inglés). p. 350.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Illa Zhoushan |